FREEDONIA EN CONCIERTO

Jueves 21 de mayo de 2015, en Parque A Xunqueira

Entrada libre

Dez músicos a cargo das seccións de ventos e rítmica, unidos á potente e sensual voz da cantante solista; compoñen a banda da que a prensa especialidade di que ten “un dos mellores directos que se poden escoitar en España”.

Freedonia chega a Vilagarcía a a presentar o seu último traballo discográfico, “Dignity and Freedom”, publicado o pasado mes de decembro.Este disco presenta once temas propios novos que manteñen o son persoal que define ao grupo e do que xa deron boa conta en “Freedonia”, publicado en 2012, disco recoñecido cos dous premios Pop-Eye (mellor canción nacional por “Haven Bells” e mellor banda de Música negra).

A banda conta cunha grande experiencia en concertos en directo ao ter actuado nas salas e festivais máis importantes de todo o territorio nacional e tamén en centos de prazas de toda España, con reiteradas visitas a cidades como A Coruña, Vitoria, Cádiz ou Granada. Na súa última xira, ademais de percorrer o territorio nacional, ofreceron dous concertos en Lituania e co segundo disco xa teñen programa unha ampla xira nacional e internacional, así como a distribución do traballo en Europa, EEUU e Xapón.
 
Top