PRESENTACIÓN DO LIBRO HISTORIA DE GALICIA, DE DAVID PÉREZ LÓPEZ

Jueves 21 de mayo de 2015, 19:30h en Edelmiro Trillo 19

Entrada libre

A historia de Galicia desde o Big Bang ata a actualidade

Con Xosé Castro Ratón, o autor David Pérez López, e o editor Cándido Meixide Figueiras.

Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando á inferir que iste maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza. Logo dunha longa e negra travesía, os movementos culturais e socio-políticos do século xx, permítenos agardar un futuro alentador para unha terra con enorme potencial económico, turístico e cultural.

Voando sobre o país, traballando por el adiante, gozando da súa gastronomía, mergullándose nas súas praias, chimpándose nos seus ríos, bebendo das súas fontes, perdéndose nas súas carballeiras, choutando nas súas festas… se mire por onde se mire, Galicia é un espectáculo; só cómpre mimar certos matices, para converter esta terra nun referente mundial, e iso é o que se trata de amosar neste libro.
 
Top