PRESENTACIÓN DO LIBRO DE CARLOS MÉIXOME, DAQUÍ E DACOLÁ, FOLLAS VOLANDEIRAS 2001-2014

Miércoles 20 de mayo de 2015, 20:00h en segunda planta del Auditorio de Vilagarcía

Entrada libre

Os relatos, artigos e reflexións dos que é autor o profesor e director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome Quinteiro, chegan reunidos no libro titulado: Daquí e dacolá. Follas voadeiras. Obra escrita por un historiador que exerce o seu dereito “de explicar o Mundo dende aquí, sen medo a implicarse nos asuntos do mundo real cunha perspectiva trazada dende Galicia”.

Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014. será presentada en Vilagarcía de Arousa, o mércores 20 de maio ás 20:00 horas no Auditorio, na segunda planta, nun acto que coordinará a profesora Narda Rubianes, e que contará coa presenza do arquitecto e ex deputado no Parlamento galego, Francisco Trigo Durán, do actor e candidato á Alcaldía Gaspar González Somoza (Somos Maioría), do editor Antón Mascato, e do autor. Unha vez rematada a presentación iniciarase un debate arredor do punto de situación da cuestión identitaria na Galicia actual.

Do libro
Co nexo común da cultura galega e da acción política nacionalista, recóllense unha serie de textos que o autor denominou Follas voadeiras, polo seu carácter inmediato e Daquí e dacolá, polos diversos medios en que foron dados a coñecer, aos que se suman escritos de carácter político, epistolar ou de lectura pública.

Do autor
Carlos Méixome Quinteiro (Lalín, 1954), estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago, foi profesor de Xeografía e Historia en centros da comarca de Vigo e o Val Miñor.
Ten traballado en cuestións internacionais sobre as que ten publicado numerosos artigos e, en colaboración publicou O conflito dos Balcáns. A ex-lugoslavia (1994); Rusia das orixes á crise dun modelo (1996); e Cuba, independencia e revolución (1998).
Sobre historia contemporánea publicou: Textos e documentos para a historia contemporánea de Galicia. Século XX (1999) e Castelao: Unha historia do nacionalismo galego (2000), e Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira (2014).
Estudou a represión franquista no sur da provincia de Pontevedra, sobre o que ten publicado unha gran cantidade de artigos en diversas publicacións e libros colectivos.
Militante e dirixente nacionalista dende hai corenta anos. Na década dos setenta participou activamente no movemento estudantil nacionalista ERGA. Membro electo do primeiro Consello Nacional do BNG na Asemblea fundacional en 1982. Participou na fundación de ANOVA e foi membro da súa comisión permanente ata a súa demisión en 2014.
É director do Instituto de Estudos Miñoranos dende a súa fundación en outubro de 1999.
 
Top