CONCERTO EXTRAORDINARIO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DO CONSERVATORIO VIGO E TRÍO CASSADÓ.

Lunes 18 de mayo de 2015, 20:00h en Auditorio de Vilagarcía.

Entrada libre.

A Sinfónica do Conservatorio de Vigo e o Trío Cassadó interpretan o Triplo Concerto de Beethoven, formación esta última da que forma parte un dos profesores do centro vilagarcián.

O programa componse de dúas fermosas composicións das que poderán gozar por igual tanto os entendido coma os profanos na materia: o “Triplo Concerto” de Beethoven e da “Sinfonía do Novo Mundo” de Dvorak.
O concerto deste luns é unha ocasión excepcional para gozar da música clásica dunha das formas más espectaculares: a través dunha orquestra sinfónica que, no caso da do Conservatorio Profesional de Vigo, está integrada por 57 músicos. A formación divídese en 29 músicas na sección de corda, 23 na de vento e 5 en percusión. A eles sumaranse os membros do Trío Cassadó.

Na primeira parte do concerto interpretarase o “Triplo Concerto” para violín, violonchelo e piano Op.56 de Ludwin Van Beethoven, a única obra composta polo autor especificamente para orquestra. Como solistas, intervirán os membros do Trío Cassadó. 

A orquestra do CSM de Vigo está formada por alumnado do grao superior. O seu repertorio abrangue dende a música barroca ate a máis actual, estreando obras de compositores nacionais e internacionais, con programas sinfónicos, concertantes con solista ou solistas e de cámara. Na actualidade está dirixida por Francisco Pérez Rodríguez.

Pianista, vilagarciano e fillo de compositor

Pola súa banda, o Trío Cassadó naceun uns anos como consecuencia dunha longa amizade musical dos seus integrantes e de diversos encontros camerísticos ó redor da xeografía gallega e española. Compóñeno Yulia Petrushevskaya (violín), Thomas Piel (violonchelo) e Javier Vila (piano).

Este último, vilagarciá e fillo do compositor Eligio Vila, iniciou estudos de música aos 6 anos e adentrouse na formación profesional no Conservatorio de Vilagarcía, completándoa no Conservatorio de Grao Superior de Vigo. Actualmente exerce como profesor no centro Municipal de Vilagarcía.

Os outros dous membros do Trío son Yulia Kishinev (Moldavia) – que foi membro da Deutsche Kammerakademie Neuss e desde 1999 é violinista da Real Filharmonía de Galicia- e Thomas Piel, (Alemania), que tamén forma parte da Real Filharmonía de Galicia.
 
Top