TERTULIAS EN CÍRCULO, O NOVO MAPA POLÍTICO TRALO 24M.

Miércoles 27 de mayo de 2015, 20:00h en bar Avenida.

Participación libre.

Continuando coa iniciativa das tertulias semanais, Podemos Arousa dedicará a tertulia desta semana a análise dos resultados electorais, tanto a nivel municipal como estatal. Os éxitos que as mareas cidadáns tiveron en A Coruña ou Compostela, e nas dúas grandes capitais españolas, son un síntoma evidente de que no futuro político deste país a cidadanía vai ter cada vez un papel máis protagonista, donde o debate político e a confrontación de ideas faise máis precisa que nunca. Convidamos á cidadanía a acudir o mércores a partir das 20:00 ao Bar Avenida para tratar en común estes temas:
  • Análise dos resultados electorais no concello.
  • Análise dos resultados a nivel Galicia.
  • Análise dos resultados a nivel estatal.
  • Debate sobre o éxito das candidaturas cidadás.
  • ¿É viable a elaboración dunha fronte popular nun contexto nacional? ¿e autonómico?
  • ¿Será o 24M o principio do fin do Bipartidismo? ¿e do partidismo e as siglas?



 
Top