Pola Conservación e Preservación do seu Patrimonio Natural e Cultural.

Domingo 5 de julio de 2015, 11:30h en Praia Espileiro, Illa de Arousa.

Inscripción previa hasta el 2 de julio, 70 plazas.

Os Clubs Natación Vilagarcía e Salvamento Vilagarcía en colaboración co Concello da Illa de Arousa promoven unha travesía a nado dende a Arousa ao illote Areoso cunha afán meramente deportivo -non competitivo- e de reivindicación ambiental e cultural dos valores ambientais, paisaxítiscos e culturais que o devandito illote alberga.

A data prevista é o domingo 5 do mes de xullo tendo en conta as mareas do día e en todo caso sempre que teña lugar unha climatoloxía favorable que o permita.

Poderán participar nadadores novos e adultos con adestramento para nadar a distancia prevista entre a praia de Espiñeiro ata o illote (1.700 m aproximadamente). O número de participantes está limitado a 70 nadadores. Unha vez que sexa cuberto este cupo non poderemos aceptar máis inscripcions por motivos logísticos e de transbordo.

- Domingo 5 de xullo 2015 ás 11:30 horas
- Saída: Praia Espiñeiro (Illa de Arousa)
- Inscricións: anadoporareoso@gmail.com
- Data límite de inscripción: Xoves 2 de xullo
- Límite de participación: 70 nadadores

 
Top