EXPOSICIÓN DE CARTEIS DA XVI EDICIÓN DE OBRADOIROS BEBIDAS SAUDABLES. 

Del 23 de mayo al 13 de junio de 2015 en Salón García

Os 33 debuxos exhibiranse a partir do luns na Casa de Cultura de Rey Daviña

Traballos realizados polos alumnos dos centros participantes:
Ceip Arealonga
Ceip Rubiáns
Cpr Sagrada Familia
ceip Vilaxoán
Asociación Con Eles

Os escolares de Vilagarcía toman as rendas para sensibilizar á sociedade sobre os efectos negativos do consumo de alcohol e outras drogas e fanno de forma directa e colorista, cos lemas e debuxos que deseñaron para o Concurso de Carteis do Programa Prevealcohol organizado polo SPAD de Vilagarcía. Para que o traballo de sensibilización cos nenos realizado por este servizo cheguen ao resto da población, os carteis exporanse a partir do luns 25 de maio na Casa de Cultura de Vilagarcía.

Na elaboración dos 33 carteis participaron 139 alumnos e 14 profesores 5º curso de Primaria e de Educación Especial dos colexios Arealonga, Rubiáns,S agrada Familia e Vilaxoán e o centro da Asociación "Con Eles".

Con anterioridade, os autores dos carteis participaron nos obradoiros de bebidas saudables organizados polo SPAD nos propios centros. A través desta actividade búscase alertar aos alumnos sobre os efectos negativos do consumo do alcohol na saúde e na vida cotiá, xa que o alcohol é a sustancia psicoactiva máis consumida, cunha percepción de risco baixa e unha idade de inicio entre os 13 e 14 anos (segundo datos da última Enquisa estatal sobre drogas de estudantes de ensinanzas secundarias - ESTUDES - a idade de inicio media é actualmente de 13,9 anos).

Ao remate da actividade de elaboración de bebidas saudables alternativas a base de froitas e lácteos, os nenos e nenas expresan nos seus carteis o que pensan sobre o alcohol e a saúde, transmitindo mensaxes preventivas dirixidas tanto aos seus iguais como á comunidade en xeral.

Algúns dos lemas deste ano foron:

Algunhas destas mensaxes son: Beber san é fundamental
Se ben san queres medrar, bebidas saudables debes tomar
Bebidas saudables = froitas naturais
Se lixeiro e sá queres andar, bebidas saudables que tomar e a mariola xogar
Menos alcohol, menos risco
Valora a vida. Se vas a conducir, non tomes alcohol
Bebe sano para unha vida sana
Se tomas alcohol, xógaste a túa vida
Non ao alcohol pero si a vida; Se bebes a vida perdes
Para ser unha persoa sá, o alcohol tes que deixar
Se non queres ter un infarto, de alcohol non te poñas farto
Con vida e corazón, non bebas alcohol
Di stop ao alcohol para vivir mellor
Deixa o alcohol e que viva o corazón
Brindamos pola vida con saúde; Toma enerxía.
 
Top