Tardes coa infancia, prazo de presentación de solicitudes.

Inscripción previa hasta el 23 de junio. 30 plazas.

Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos
prazo de solicitude de praza no programa Conciliatardes Tardescoa Infancia para o curso 2015-16. Ten como obxectivo facilitar a vida familiar, persoal e laboral das familias con fillos menores que non teñen clase pola tarde e que non teñen quen dea conta deles mentres os pais traballan. A oferta de prazas ascende a 30 e o período de solicitude remata o 23 de xuño.
Abierto plazo de inscripción para curso 2015/16.
Poderán participar no Conciliatardes os nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2007 ao 31 de decembro de 2012, que estean empadroados no Concello de Vilagarcía de Arousa e formen parte dunha unidade familiar na que ambos proxenitores ou titores teñan unha actividade laboral ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial, no horario de desenvolvemento do servizo. Tamén poderán beneficiarse do programa nenos de familias que, aínda non cumprindo o requisito laboral dos proxenitores, formen parte do Programa de Educación e Apoio Familia dos Servizos Sociais.

O servizo desenvolverase durante os meses de outubro 2015 a xuño de 2016 no Centro de Formación de Matosinhos, en horario de 15:30 a 21:00 horas, podéndose solicitar a xornada parcial ou completa, en función das necesidades de cada familia.

Bonificacións e Gratuidade

A cota máxima a abonar por participar no Conciliatardes é de 80 euros pola xornada completa, aínda que se establecen bonificacións do 25, 50 e 75% en función da situación económica da unidade familiar, chegando a ofrecerse o servizo de xeito gratuíto para a aquelas familias cuxa renta pér cápita non chegue ao 80% do IPREM. A cota pola media xornada é de 40 euros ao mes cos mesmos descontos que no caso anterior.

Os nenos e nenas que acoden ao Conciliatardes son atendidos por monitores e pedagogos especializados que desenvolverán con eles un amplo e variado programa que inclúe tanto aspectos educativos como lúdicos para fomentar a súa sociabilidade, vida san, creatividade e potenciar os valores positivos.

As familias interesadas deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello tanto a solicitude de inscrición, como a ficha de matrícula e as correspondentes autorizacións que se facilitarán no departamento de Servizos Sociais ou que poderán imprimir, xunto coas bases do servizo, dende o taboleiro de anuncios na páxina web do Concello http://www.vilagarcia.es . No formulario figura a documentación complementaria que deben achegar conxuntamente. O trámite debe realizarse entre o 4 e o 23 de xuño.
 
Top