FESTIVAL DE PRIMAVERA. CONCERTO DA CORAL CORTEGADA

Sábado 6 de junio de 2015, 20:30h en Salón García
Entrada libre

A agrupación actúa xunto coa Coro San Julián de Marín

Interveñen como solistas José Vilas, José Luis del Río e Milagros Villanueva

A música coral inundará mañá, sábado, o Salón García con motivo da celebración do festival de Primavera que organiza a Coral Cortegada de Carril. A formación carrilexa actuará xunto co Coro San Julián de María e como solistas contarán coa intervención de José Vilas, José Luis del Río e Milagros Villanueva. Os amantes da música e da canción coral poderán gozar deste concerto totalmente de balde. A actuación comeza ás 20:30 horas.

A Coral Cortegada está composta na actualidade por 35 membros e o seu director é Juan Carlos Porto Bouza. O programa que interpretarán mañá no salón García componse dods temas "Si te quiero", poema de Mario Benedetti er música de A. Fabrero; "Torrevieja", de R. Lafuente; "Contigo Aprendí", de Armando Manzanero; "Airiños", J. Saras; "La Sirena" de Rey Rivero e "El Cañaveral" de Jorge Luis Quelopana.

A formación invitada, o Coro San Julián de Marín iniciou a súa andaina como coro parroquial especializado en música sacra, ampliando o repertorio cando colle a batuta o actual director Fermín feijóo Trabazo, con música contemporánea e galega. No festival de mañá interpretarán os temas "In biando e dolce cigno", de J. Arcadelt; "Cuando parire", con arranxos de Benito Fernández; "Apaga la luz y verás", de Ibón Fernández; "Lela", con música de Rosendo mato e arranxos de J. Domínguez; "Velaí vai", con arranxos de Rey Rivero e "The lion sleeps tonight", con arranxos de J. Domínguez.
 
Top