Presentación do libro de Víctor Viana

Jueves 11 de junio de 2015 en Auditorio.

Entrada libre.

A Concellería de Cultura e o escritor Víctor Viana colaboran por unha causa solidaria na edición e publicación dun libro que aborda un episodio da historia local. A obra "Los Consulados de Vilagarcía" preséntase esta tarde na Sala de Conferencias do Auditorio e a recadación pola venta dos exemplares irá destinada a Cáritas Interparroquial de Arousa.

O acto de presentación comezará ás oito da tarde e contará coa presenza da concelleira de Cultura, Rocío Llovo; o autor da obra, o doutor e investigador da historia local, Víctor Viana; o presidente de Cáritas Interparroquial, Francisco Fernández; e a secretaria da entidade social, Yolanda Pazos.

A Concellería de Cultura financia a edición desta nova obra de Viana para coa finalidade de colaborar coa acción solidaria e altruísta que realiza Cáritas a través dos distintos servizos e programas que presta para axudar ás persoas e colectivos máis necesitados e desprotexidos. Os libros venderanse a 5 euros en diferentes librerías da cidade e a recadación destinarase a financiar os gastos correntes da organización.

A iniciativa tamén busca divulgar a historia de Vilagarcía, neste caso a través do análise dos consulados estranxeiros que contaron con sede na localidade debido ás relacións comerciais e ao tráfico marítimo que se rexistraba a través do Porto de Vilagarcía, tanto a nivel de mercancías como de pasaxe, en especial dos emigrantes que partían cara as Américas. A actividade xerada pola construcIón da primeira liña férrea de Galicia (Santiago-Carril) e o movemento que propiciou, así como as frecuentes visitas da flota da RoyaL Navy británica foron outros dos aspectos que influíron na presenza e funcionamento dos consulados estranxeiros nunha localidade pequena, pero importante, como era Vilagarcía na época obxecto de estudo.

 
Top