A tradición de recibir o verán co lume purificador seguen a medrar en Vilagarcía.

VILAGARCÍA RÉNDESE AO LUME COAS 246 CACHADAS QUE SE PRENDERÁN AS
NOITES DE SAN XOÁN E SAN PEDRO


O Concello tamén montará a súa fogueira na praia da Concha para acender tras o concerto de Sweet California que comeza ás 22:15 horas

Tamén foron autorizadas 19 sardiñadas en bares e locais de hostalería

Os catro Listados cos permisos concedidos están pendurados na web

A tradición de recibir o verán co lume purificador seguen a medrar en Vilagarcía. Tras informar as 150 solicitudes para a organización de cachadas, finalmente foron autorizadas 246 fogueiras para as noites de San Xoán e San Pedro. O Concello tamén montará a súa cachada para prender xusto ao remate do concerto de Sweet California na praia da Concha. Ademais, concedéronse 19 permisos a locais de hostalería para realizar sardiñadas na rúa.

O alcalde, Alberto Varela asinou esta mañá as catro resolucións sobre as autorizacións para as celebracións de San Xoán e San Pedro: as de particulares, as das praias, as de colectivos que pediron adiantar as fogueiras de San Pedro ao sábado 27, e as de sardiñadas de establecementos hostaleiros. Os catro listados píodense consultar no taboleiro de anuncios do Concello ou do taboleiro de anuncios da web municpal www.ivilagarcia.es.

Do total das 246 cachadas autorizadas, a maioría son as solicitadas por particulares (217) e para a noite do 23 de xuño, a Noite de San Xoán, çás que hai que engadir as 26 que se realizarán nas praias do municipio. Non obstante, os vilagarciáns están recuperando a tradición de facer a fogueira tamén por San Pedro, medrando cada ano o número de solicitudes para a noite do 28 de xuño. Precisamente, como este día cae en domingo, houbo colectivos que solicitaron adiantar a celebración á noite do sábado, 27, peticións que tamén foropn aceptadas.
 
Top