Eu Tamén Sei Cociñar. Obradoiro infantil de cociña e tarefas do fogar.

Del 3 de agosto al 4 de septiembre de 2015 en Cornazo, Bamio, Trabanca Badiña, Trabanca Sardiñeira e San Roque.

Inscripción previa desde el 15 de junio al 3 de julio, 50 prazas para nenos nados entre 2006 e 2009.

É unha actividade gratuíta para promover a igualdade de xéneros e a conciliación mediante a corresponsabilidade no fogar que se desenvolverá nos centros socio culturais de Cornazo, Trabanca Badiña, Bamio, Trabanca Sardiñeira e Sa Roque. A participación é de balde e o prazo de inscrición ábrese o luns, 15 de xuño.

O Obradoiro "Eu tamén sei cociñar" vense realizando durante nos últimos anos na época estival con tres obxectivos: promover a igualdade entre xéneros e a corresponsabilidade no fogar e tamén contribuír á conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

Os luns será no centro cultural de Bamio

os martes no de Cornazo

os mércores en Trabanca Sardiñeira

os xoves en Trabanca Badiña

os venres no Centro Cultural de San Roque.

O horario será de 09h30 a 13h30 horas, aínda que para favorecer a conciliación das familias, poderase flexibilizar a entrada en media hora ata as 10h e a saída pode realizarse dende as 13h horas.

O prazo de inscrición será do 15 de xuño ao 3 de xullo nas dependencias da Área de Igualdade, onde se poderá recoller a folla de solicitude e consultar as bases de participación. Toda esta información estará exposta tamén na páxina web do Concello. O centro cultural elixirase no momento de realizar a inscrición e marcarase unha orde de preferencia. No caso de que haxa más solicitudes nalgún dos centros, realizarase un sorteo o 8 de xullo.

Romper estereotipos

O obxectivo desta actividade é revalorizar entre os nenos e nenas a importancia dos saberes que tradicionalmente lles foron asignados só ás mulleres, para romper cos estereotipos sexistas no entorno da infancia e potenciar unha autonomía persoal que favoreza a corresponsabilidade dentro do fogar.

O Obradoiro infantil de cociña e tarefas do fogar enmárcase dentro do II Plan de Igualdade do Concello de Vilagarcía, por unha parte na área de Calidade de vida, materializando o seu obxectivo 3 : "Visibilizar a sobrecarga de traballo que soportan as mulleres derivada da dobre xornada así como as súas consecuencias, e fomentar a corresponsabilidade" e por outra banda na área de Educación en Igualdade, de cara a consecución do seu obxectivo 1: "Potenciar a coeducación e a educación en igualdade a través de actividades formativas, de difusión e de sensibilización".

A actividade tamén responde aos obxectivos propostos dentro do I Plan de Conciliación da vida persoal, familiar e profesional da cidadanía de Vilagarcía de Arousa, e que pretende que dende as administracións públicas se facilite a conciliación, non só a través da promoción da corresponsabiliadade social, senón tamén mediante a adecuación dos servizos ás necesidades da cidadanía.

 
Top