Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 30 de xullo de 2015, ás 17,00 horas 

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA 

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, de data 6 de xullo de 2015.

2.- Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes xuño de 2015.

3.- Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.

4.- Toma de coñecemento dos informes de Intervención e Tesourería en virtude do disposto na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (1º e 2º trimestre de 2015).

5.- Toma de coñecemento da composición das Comisións Informativas Permanentes e da designación dos seus Presidentes.

6.- Aprobación, se procede, dos nomeamentos de representantes da Corporación en órganos colexiados, que sexan de competencia do Pleno.

7.- Aprobación, se procede, do establecemento de retribucións ao Alcalde, Concelleiros Delegados e determinación de número, características e retribucións do persoal eventual.

8.- Aprobación, se procede, das asignacións aos grupos políticos municipais.

9.- Aprobación, se procede, das indemnizacións en concepto de asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados da Corporación.

10.- Aprobación, se procede, de expediente de cambio de finalidade Nº 02/CF/2015 con destino a obras de mellora de instalacións deportivas.

11.- Aprobación, se procede, de expediente de cambio de finalidade Nº 03/CF/2015 con destino a adquisición de terreos Campo de Fútbol de Bamio.

12.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de EU sobre un plan urxente de acción social do Concello de Vilagarcía de Arousa.

13.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de EU sobre a cultura local e galega nas Festas Patronais.

14.- Aprobación, se procede, da petición presentada pola ANPA O Año Pitaño (Escola Infantil A Galiña Azul) en relación coa manifestación do Pleno contra a política de amortización de persoal.

15.- Interpelacións.

16.- Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.

17.- Rogos e preguntas.

18.- Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.



Vilagarcía de Arousa,27 de xullo de 2015.

O ALCALDE-PRESIDENTE, A SECRETARIA XERAL,




Alberto Varela Paz Rosa Losada Suárez



 
Top