Varietés, Microfestival a Pé de Rúa. En rúa Méndez Núñez.

Shiwa nace das ganas, da enerxía e do amor que o jazz provoca nos tres músicos que forman o grupo. Os puntos de vista musicais de cada un, únicos e distantes, forman un triángulo propio cheo de potencia. Este xeometrismo ven das ganas de formar un grupo de jazz, no que cada membro ven dun punto musical diferente. No 2013 decídese o nome e nace o proxecto da man de Lucas Martínez (vibrafonista), Miguel Fernández (batería) e Pablo Patiño (contrabaixo) baixo a consigna de crear música sen complexos, con gusto e con moitas moitas ganas. A elaboración dos temas baséase niso, ao igual que a escolla e traballo coas versións. Por iso, Shiwa non se cerra nun determinado estilo contando con moita importancia a improvisación, para que a música sempre baile dentro dese triángulo único.
Neste último ano incorporase o guitarrista vigués Dani Font, que xera no triángulo un punto externo moi interesante, moi propio e sobre todo, inspirador en potencia. Se ben o grupo é formado pola pasión, Dani engádese como nexo a algo máis que pouco a pouco descúbrese mentres todo está a soar.
 
Top