#Espectáculo | Sábado | 00:00h | 29/08/2015 | Praias Compostela e Concha | (cambio de fecha desde el 22 de agosto) 

COMBATE NAVAL DE SAN ROQUE 2015

Vilagarcía prepara o combate naval máis potente da historia cun castelo máis grande e tres barcos en batalla

O goberno local pretende potenciar este evento único e singular das festas de San Roque e co que se rememora a Batalla del Callao, no Perú

O espectáculo pirotécnico queimará 3.500 quilos de pólvora o sábado pola noite

O Combate Naval é un evento único e singular das Festas de San Roque de Vilagarcía que se ven celebrando dende hai 149 anos e un dos atractivos que fixeron merecedoras ás celebracións da distinción de Festas de Interese Turístico Nacional. Por esta razón, o goberno local non perdeu a oportunidade de realzar o espectáculo pirotécnico xa nas primeiras festas que lle tocou organizar e por iso, o Combate será un dos máis potentes da historia ao contar cun castelo 12 metros máis grande que nos últimos anos e con tres barcos atacando dende o mar, a maior flota rexistrada ata o momento.

Potenciar o Combate Naval foi unha das primeiras medidas adoptadas pola concelleira de Cultura, Sonia Outón, cando se puxo a organizar as festas. En primeiro lugar, pediuse á empresa contratada polo Concello, Pirotecnia Pende, que axustase as medidas do castelo que dende hai uns anos se empraza no peirao do Ramal ás dimensións das praias da Concha Compostela, case dous quilómetros de areal que o día do Combate se enche de cabo a rabo de persoas para gozar do espectáculo pirotécnico.

Así, o castelo pasará dos 24 metros de largo que tivo o pasado ano, aos 36 que medirá a fortaleza destas festas. Tamén medra a flota atacante que se triplica respecto á anterior edición, pasando de un a tres os barcos que disparará os seus proxectís ao castelo rememorando a batalla do Callao, en Perú.

A base da batalla entre as guarnicións de terra e os invasores que chegan por mar é o emblema do espectáculo pirotécnico de Vilagarcía, pero non é o único. De feito o Combate Naval durará uns 22 minutos ininterrompidos de lanzamento de fogos de artificio no que Penide ten previsto empregar 3.500 quilos brutos de pólvora.

Como de costume, o evento combinará os xogos de luces e cores co son dos estoupidos das bombas. Haberá fogos aéreos e acuáticos con novidades e algunha que outra sorpresa respecto ás figuras a representar no ceo nocturno de Vilagarcía. E por suposto, non faltará a gran palmeira e traca final.

O Combate naval terá lugar o sábado, 29 de agosto (originalmente era o 22, pero cambiase o día por chuvias), ás 12 da noite nas praias da Concha Compostela.

 
Top