#Política | Jueves | 24/09/2015 | 17:00h | Salón de plenos do Concello de Vilagarcía |

SESIÓN PLENARIA ORDINARIO SEPTIEMBRE 2015

ORDE DO DIA

Orde do día da Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 24 de setembro de 2015, ás 17,00 horas.

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 27 de agosto de 2015.
2.- Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos nos meses de xullo e agosto de 2015.
3.- Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
4.- Toma de coñecemento da renuncia ao cargo de Concelleira por parte de Dona María Villaronga Chazo.
5.- Aprobación, se procede, da Conta Xeral do Concello correspondente ao exercicio de 2014.
6.- Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos con destino ao aboamento do 26,23% da paga extraordinaria do mes de decembro de 2012 do persoal do Concello.
7.- Denegación, se procede, da modificación puntual do PXOM para a supresión da ficha número 22 PHA do Catálogo de elementos a conservar (Casa Becerra).
8.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU sobre creación bolsa de emprego municipal.
9.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU sobre un novo ximnasio no CEIP de Rubiáns
10.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, de apoio ás persoas refuxiadas e emigrantes en Europa.
11.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, en defensa do sector lácteo galego.
12.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG en defensa do aparcadoiro público na Estación de Renfe.
13.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de Somos Maioría, para a repoboación arbórea en Cornazo, Rodrigo de Mendoza, Praia Compostela e Praza de Abastos.
14.- Aprobación, se procede, da proposta presentada pola C.I.G. sobre medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética.
15.- Interpelacións.
16.- Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
17. Rogos e preguntas.
18.- Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Vilagarcía de Arousa, 21 de setembro de 2015

O ALCALDE-PRESIDENTE, A SECRETARIA XERAL,

Alberto Varela Paz, Rosa Losada Suárez
 
Top