Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


MERCADO DAS FLORES 29oct-1nov'15

Jueves a Domingo 29oct'15 a 01nov'15, de 08:30-20:00h y el Domingo de 10:00h-13:00h en carpa al lado de Ponte Vista Alegre.

MERCADO DAS FLORES 


A Concellería de Mercados e as Floristas da Praza de Abastos xa teñen todo disposto para organizar unha nova edición do Mercado das Flores previo á celebración da Xornada de Defuntos. A feira floral desenvolverase dende o xoves 29 de outubro ata o domingo 1 de novembro no seu emprazamento habitual detrás entre a Praza de Abastos e a Ponte de Vista Alegre.

A práctica totalidade das vendedoras de flores que operan na Praza de Abastos, tanto as floristas propiamente ditas como as produtoras de colleita propia, participarán no Mercado das Flores. A carpa ten unhas dimensións de 36 por 20 metros e o seu aluguer corre por conta das vendedoras, ao igual que o pago das taxas de ocupación do dominio público. A colaboración do Concello materialízase facilitando a loxística, instalación das bancadas de exposición e venta e encargándose da decoración da carpa, así como da instalación da iluminación.

O Mercado das Flores estará aberto de forma ininterrompida o xoves, venres e sábado de 8.30 da mañá a 20 horas da tarde. O domingo, Día de Defuntos, os postos de venta estarán operativos só pola mañá, de 10 a 13 horas, para facilitar a recollida de encargos e para que os rezagados aínda teñan a oportunidade de adquirir flores no último momento.

As propias vendedoras que acoden habitualmente ao Mercado de Vilagarcía organizáronse para distribuír a súa actividade en cómodos postos. As floristas disporán de cinco postos, mentres que as campesiñas que venden flores de colleita propia acomodáranse nun espazo dividido en catro postos. Deste xeito trátase de crear un ambiente máis acolledor, amparar dos elementos climatolóxicos a vendedores e clientes e ofrecer unha imaxe máis organizada e profesional do sector nunhas datas nas que se rexistran as maiores ventas do ano.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget