Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


OS AXÓUXERES 30oct'15

OS AXÓUXERES 

Viernes 30 de octubre 2015, 18:00h en Sala de Conferencias Auditorio. Entrada libre y gratuita, niños hasta 6 años, hasta completar aforo. 

O espectáculo de dinamización do galego está pensado para nenos e nenas de 0 a 6 anos

"Os Axóuxeres" regresan mañá a Vilagarcía da man da compañía Elefante Elegante para divertir aos máis cativos da casa cun divertido espectáculo teatral e musical que ten como obxectivo plantar a semente da lingua galega na máis tenra infancia. O espectáculo "O Peixiño de Mariña" está pensado para nenos de 0 a 6 anos de idades e representarase a partir das seis da tarde na sala de conferencias do Auditorio. As invitacións xa están esgotadas polo que se completará aforo.

Os Axóuxeres, ou a "Festa da Música, dos xogos e das palabras", é un programa promovido pola secretaría Xeral de Política Lingüística e especialmente deseñado "Para a xente miúda da casa". O espectáculo de dinamización lingüística está baseado en historias adaptadas aos máis cativos que se mesturan con cancións e xogos especificamente creados para a montaxe. Este ano , por vez primeira, edítase un CD cos temas do espectáculo que as familias asistentes se poderán levar para casa de xeito gratuíto.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget