Pincho e corto: Selección de curtametraxes Cine Clube Ádega 

Jueves 22 Octubre 2015 21:30h en A Baldosa. Entrada libre  

Convidamosvos a todos a gozar dunha velada de cine cunha coidada selección de curtametraxes.

O Cineclube Ádega organiza este xoves día 22 de outubro unha sesión de curtametraxes na gastrotaberna Churruca (rúa da Baldosa). Do que se trata é de vermos unhas boas curtas nun ambiente distendido, tomando unhas cañas (ou o que gostes) cos deliciosos pinchos especiais que elaborará para o ocasión a xente do Churruca. A proxección farase en bloques de 3 curtas, con descansos de 5-10 minutos entre cada bloque para entrar, sair, ir ao baño, fumar un cigarro ou pedir outra.
A hora de comezo será aproximadamente ás 21:30 horas e a entrada é de balde. Esperámosvos.
 
Top