Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


PLENO MUNICIPAL 29oc'15


SESIÓN PLENARIA ORDINARIO OCTUBRE 2015

Jueves 29 de octubre 2015, 17:00h en Salón de Sesións da Casa do Concello. 

ORDE DO DIA. 

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 24 de setembro de 2015.
2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes setembro de 2015.
3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
4. Aprobación, se procede, de declaración de compatibilidade para o desempeño dun segundo posto de traballo.
5. Toma de coñecemento dos informes de Intervención e Tesourería en virtude do disposto na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (3º trimestre 2015).
6. Aprobación, se procede, do reaxuste de anualidades da obra nº 18/2015 "Mellora Praza de Abastos – 2ª Fase"
7. Aprobación, se procede, da modificación por crédito extraordinario nº 03/2015 para aplicación de superávit 2014.
8. Aprobación, se procede, do recoñecemento extraxudicial de crédito nº 4/2015 e suplemento de crédito nº 02/SC/2015.
9. Manifesto do Consello Local da Muller con motivo do 25 de novembro "Día Internacional contra a violencia de xénero".
10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do PSdG-PSOE con motivo da marcha estatal contra as violencias machistas, do 7 de novembro de 2015.
11. Aprobación, se procede, do Manifesto presentado pola Plataforma Feminista Galega, con motivo da marcha estatal contra as violencias machistas, do 7 de novembro de 2015 en Madrid.
12. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal de EU en relación coas marchas da dignidade prevista para o 24 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela.
13. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal de Somos Maioría, para a creación de bolsas de axuda a estudantes para o pago de taxas e transporte.
14.Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG para a promoción do ano 2016 como ano das irmandades da fala.
15. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG en defensa das reclamacións dos mariños galegos agrupados na Asociación Longhope.
16. Interpelacións.
17. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
18. Rogos e preguntas.
19. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
Vilagarcía de Arousa, 26 de outubro de 2015.

O ALCALDE-PRESIDENTE, A SECRETARIA XERAL,

Alberto Varela Paz Mª Rosario González Pacios
[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget