Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


25N PONLLES VOZ 25nov'15

25N MARCHA NOCTURNA PONLLES VOZ 

25 de Noviembre 2015, 20:30h en Praza da Constitución. 

Dende a asociación feminista O Soño de Lilith, e en representación da Plataforma Feminista Galega, querémosvos convidar a un acto que estamos a organizar xunto a diversas organizacións de Arousa co motivo do 25N, Día Mundial contra as Violencias Machistas. O acto consistirá nunha marcha que dará comezo o 25 de novembro ás 20:30, e sairá dende a Praza da Constitución (fronte á Cruz Vermella e Cáritas) rematando na Praza de Galicia. Rógase que aquelas persoas que queiran participar de maneira activa, vistan con roupa negra (preferiblemente cubertas cunha tela deste color) e leven consigo algo para facer ruído (un cubo e un pau sería suficiente), ou unha vela (para acendela durante a marcha). Agradecemos a difusión deste acto.

LOITAREMOS CONTRA TODAS AS VIOLENCIAS MACHISTAS E ESIXIREMOS OS NOSOS DEREITOS.

É hora de rematar co silencio. O silencio fainos vítimas. O silencio fainos cómplices. Por todas aquelas que calan cada día. Por todas aquelas ás que calaron para sempre. Imos darlles voz. Imos facer ruído, moito ruído, e ninguén vai poder deixar de escoitarnos. O 7N comezamos. Este 25N acompáñanos.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget