ASAMBLEA EN MAREA 2di'15

Miércoles 2 Diciembre 2015, 20:30h en Auditorio de Vilagarcía. Entrada libre. 

EN MAREA: ASAMBLEA ABERTA AOS VECIÑOS E VECIÑAS DE AROUSA EN VILAGARCÍA 

A asemblea busca poñer en contacto a todas as persoas integrantes de En Marea e a aquelas da cidadanía que queiran participar na campaña das Xerais

En Marea da os seus primeiros pasos en Arousa e convoca á veciñanza da comarca que queira unirse ao cambio a unha asemblea aberta este mércores 2 de decembro no Auditorio de Vilagarcía de Arousa. O colectivo pretende así poñer en contacto a todas as persoas que queiran participar na campaña das Xerais nas próximas semanas. No acto farase unha posta en común de ideas, suxestións e próximos pasos a dar por En Marea nas diferentes localidades de Arousa.

Os colectivos e partidos que conforman a candidatura invitan a sumarse a esta cita a todas as plataformas, formacións e asociacións que desexen participar neste proceso da cidadanía galega, no que todas as sensibilidades teñen un espazo. Recordan, ademais, que tralo éxito das mareas nas municipais “este é o único camiño para que a xente do común poida ter voz en Madrid, representando a unidade das persoas fronte os recortes, os abusos que vimos sufrindo nos últimos anos e a desigualdade social que existe hoxe en día na nosa sociedade.”

En Marea tamén achegará ás persoas asistentes ao acto do mércores o espírito do proxecto, que nace con vontade de converterse nun instrumento para mudar a forma de facer política e de acadar un cambio real que represente os intereses do ben común. Tamén se explicarán as dúbidas que xurdan á xente que decida participar “nun espazo aberto, transversal e de unidade popular” que representa as prioridades das persoas que conforman esta candidatura nun momento de emerxencia social e democrática, na que se pon por diante “as cousas que nos unen, que son moitas máis que as que nos separan”.

“En Marea, para mudalo todo. Para que nada siga igual.”
@En_Marea
noviembre 30, 2015
0

Comentarios

Search

Popular Posts

Festas de Santa Rita en Vilagarcía de Arousa 2019

18 al 22 Mayo 2019: Eventos en Vilagarcía de Arousa

AUTOBUS

Del 1 de julio al 10 de septiembre de 2019  HORARIOS DE AUTOBUS. VERANO 20…

Axenda Maio 2019 en Vilagarcía de Arousa

Maio 2019: Eventos en Vilagarcía de Arousa  AGENDA CULTURAL DE EVENTO E …

Labels