Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


ENCONTRO BNG 13no'15

ENCONTRO ABERTO BNG. PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA "GALIZA, A FORZA QUE NOS UNE"

Venres 13 de Novembro 2015, 20:30h no Auditorio Municipal. Entrada libre. 

O BNG organiza un encontro aberto para presentar a campaña “Galiza, a forza que nos une”

Coas intervencións de Xabier Rios e Olaia Fernández Davila

“Galiza, a forza que nos une” é o lema da campaña que o BNG presenta este venres 13 de novembro ás 20:30 no Auditorio Municipal coa participación do portavoz municipal, Xabier Rios e da deputada no Congreso, Olaia Fdez Davila.

No acto, aberto ao público, analizarase a situación da Galiza en relación co Estado español e o impacto da súa dependencia; o papel do nacionalismo galego nas Cortes do Estado e aposta pola candidatura galega de unidade. Ademais, proxectarase un vídeo e haberá tempo para a participación e o debate.

Así, explicarase o labor desenvolvido pola formación nacionalista durante dúas décadas de presenza na Cámara baixa, onde a defensa dos intereses galegos estivo garantida grazas ás intervencións do BNG.
[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget