Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

LUDOTECA DE NADAL 21-31di'15

LUDOTECA DE NADAL GRATUÍTA PARA NENOS DE ENTRE 3 A 7 ANOS 

Inscripción del 2 al 12 de Diciembre 2015. Ludoteca los días 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 y 31 de deciembre y 4-5 de enero, 9 a 14 horas. 

Ofértanse 30 prazas e as inscricións deben realizarase entre o 2 e o 12 de decembro. A admisión será por orde de inscrición

A Concellería de Xuventude organiza unha actividade de ocio e conciliación de cara ás vacacións escolares de Nadal. Trátase dunha ludoteca de carácter gratuíto destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos de idade. Ofértanse 30 prazas e o prazo de solicitude ábrese o mércores, 2 de decembro.

A ludoteca está destinada a nenos e nenas empadroados en Vilagarcía nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2012. O servizo desenvolverase polas mañás no ximnasio do CEIp da Escardia os días 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro e os días 4 e 5 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas. As actividades a desenvolver inclúen obradoiros artístico-creativos, manualidades, xogos guiados e libres.

Ao tratarse dun servizo que ten unha finalidade conciliadora, o período de chegada e recolida dos nenos flexibilízase a efectos de que as familias poidan adaptados mellor aos horarios laborais dos proxenitores. Así, o horario de entrada será de 9 a 9:15 horas e o de saída de 13:45 a 14.

Aparte de ser unha medida para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares, a ludoteca organizada polo departamento que dirixe Sonia Outón é tamén unha alternativa socioeducativa, de lecer e de apoio á infancia, e unha ferramenta para previr situación de vulnerabilidade e exclusión social dos máis cativos.

As familias interesadas poden consultar as bases da Ludoteca de Nadal no taboleiro de anuncios da web municipal, dende onde tamén poderán imprimir a solicitude de inscrición. Esta deberá presentarse do 2 ao 12 de decembro no Rexistro Xeral do Concello, debidamente cumprimentada e coa documentación que se especifica nas bases. O horario de Rexistro é de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas e de 17 a 20 horas; e os sábados de 10 a 13 horas.

A selección realizarase por rigorosa orde de inscrición e a listaxe de admitidos publicarase o 16 de decembro, ao igual que a lista de agarda de habela. En función das baixas que se poidan producir, recorrerase á lista de agarda tamén por orde de inscrición.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget