OBRADOIRO PERCUSIÓN 8di'15

Martes 8 de Decembro 2015, de 17:00h a 21:00h en Liceo Casino, Castelao 5. Desde 15€. 

OBRADOIRO PERCUSIÓN DO SUR DE ITALIA 

A Asoc. Pésdebarro organiza o martes 8 de decembro un Obradoiro de Percusión do Sur do Italia.

A asociación Pésdebarro organiza un Obradoiro de percusión do Sur de Italia, será impartido polos membros do grupo folk italiano Brigan. 

Falarase dos principais tipos de ritmos propios do sur de Italia dende o punto de vista da percusión (tammurriata de Campania, pizzica salentina, tarantella cilentana e siciliana, etc.), comparándoos cos ritmos propios de Galicia. Aprenderanse de xeito práctico os fundamentos destes ritmos con pandeiretas e pandeiras. 

Tras varios anos de viaxes e investigacións, o repertorio de Brigan componse de música tradicional da área céltica (Galiza, Asturias, Bretaña, Irlanda) interpretada a través dunha linguaxe nova que se funde co contexto rural do sur de Italia. Tamurriatas, tarantelas, cantos populares… atópanse e fusiónanse con muiñeiras, carballesas, reels e danzas bretonas. 

Actualmente, Brigan componse de tres músicos: 
• Francesco di Cristofaro: acordeón, frauta irlandesa, whistle, frauta traveseira, dobre frauta da Campania, gaita galega, voz. 
• Danilo Parolisi: guitarra, bouzouki irlandés, mandolina, voz. 
• Gabriele Tinto: pandeiretas, tammorra, bodhran, percusión ibérica. Nesta ocasión, estarán en Vilagarcía de Arousa só dous de eles: Francesco di Cristofaro e Gabriele Tinto. 

O prezo de matrícula é de 20 euros para as persoas non socias de Pésdebarro e de 15 euros para as persoas socias de Pésdebarro. O correo electrónico para inscribirse é pesdebarro@hotmail.com ou no móbil 692646068 As prazas son limitadas, polo tanto canto antes reserves o teu lugar mellor!!. 

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget