Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


SEMINARIO 3ª PLATAFORMA NEGOCIOS 24nov'15


SEMINARIO SOBRE A TERCEIRA PLATAFORMA

Martes 24 Noviembre 2015, 9:30h a 13:30h, en Centro de Formación Permanente de Matosiños. 

Abordarase a transformación que sofren os negocios cos avances tecnolóxicos da última fase da evolución das Its

A Area de Emprego da Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía de Arousa en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), desenvolverá un seminario sobre a Terceira Plataforma aplicada ao mundo laboral e da empresa. Trátase dunha actividade gratuíta á que se poderán anotar 20 persoas. Impartirase no Centro de Formación Permanente de Matosiños a través de videoconferencia.

As persoas interesadas en participar no seminario poderán recibir información sobre a inscrición persoalmente ao Centro de Formación Matosinhos ou telefonicamente no número 986 51 16 21.
A sesión realizarase no Centro de Formación Matosinhos (Avda. Matosinhos nº1) a través de vídeo conferencia desde as instalacións do CNTG.

A Terceira Plataforma (Third Platform) supón a seguinte fase do desenvolvemento das IT (Tecnoloxías da Información) e refire un novo estadio da evolución tecnolóxica que pousa os seus alicerces sobre o auxe de catro tendencias: mobilidade, cloud, social business e big data. Basicamente conducirá a un novo escenario de negocio onde as oportunidades virán da man da innovación e a colaboración.

O obxectivo deste seminario consiste en presentar como estas novas tendencias xeran cambios que se reflicten nas TI, teñen consecuencias na transformación dos negocios e os avances tecnolóxicos que se redefinen para responder aos novos retos.

O relator da xornada será Alejandro Giménez, CTO (Chief Technology Officer) de EMC España, compañía á que se incorporou en 1998 e na que desenvolveu unha traxectoria fundamentalmente ligada ao ámbito da tecnoloxía como enxeñeiro de sistemas.

A axenda de contidos a tratar será a seguinte:
Introdución:
A terceira plataforma. O universo dixital. A transformación dos negocios
Ciclo de datos. Analíticas. Aplicacións
Cloud:
Infraestruturas cloud. Nube privada, pública e híbrida
Obxectivos: tradicional, IaaS, PaaS, SaaS
Compoñentes. Data Center definido por software
Mobilidade e social business
Novos usuarios de negocio. Balance innovación/control

Big Data / Data Lake:
Crecemento dos datos. Explotación. Cambios de paradigma
Ciclos de vida. ETL vs ELT. O valor do tempo real
Silo de datos vs Data Lake
Base do Data Lake / infraestrutura. Data Lake / Estrutura software
As novas aplicacións:
Aplicacións enterprise vs cloud nativas
Open source
Waterfall vs Agile
Plataforma as a service
Relación coas infraestruturas cloud e data lake

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget