Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


STORY TIME 28no'15

O STORY TIME CHEGA O SÁBADO Á BIBLIOTECA CUNHA DIVERTIDA HISTORIA DE PANTASMAS 

Sábado 28 Noviembre 2015, 17:00h en Biblioteca Rosalía de Castro, Rey Daviña. Entrada libre, inscripción previa. 

O espectáculo en inglés está pensado para nenos e nenas de 3 a 8 anos

Reserva a túa praza na sala infantil da biblioteca de 17:00 a 20:00. Entrada gratuita. Prazas limitadas.

A limitación de aforo fai preciso reservar praza previamente, trámite que se pode facer nas dependencias de Rey Daviña de 17 a 20 horas

A actividade é gratuíta e impártea o centro Kids&Us

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro organiza o sábado, 28 de novembro, unha nova sesión de contacontos dedicada ao público infantil. Neste caso a novidade é que se trata dun espectáculo en inglés que ademais de animar aos activos a gozar do mundo dos libros e da lectura, neste caso, conta co interese engadido de achegalos á lingua inglesa. A actividade é gratuíta pero é preciso reservar praza debido á limitación do aforo.

A Biblioteca Pública conta coa colaboración da academia Kids&Us para celebrar este divertido espectáculo de pantasmas que leva por título "Phantom Manor". Mediante a combinación de actores e monicreques, o conto relata a historia de Jane e Bunny, dous rapaces que se mudan a unha enorme mansión na que, sen eles sabelo, habita un ha pantasma. E este espectro ten un gram problema: esqueceuse de como asustar á xe te.

A representación é moi dinámica e expresiva polo que non é preciso que os nenos teñan coñecementos de inglés para poder entendelas. Independentemente do seu nivel, todos poderán implicarse e divertirse co espectáculo.

A Story Time terá lugar o sábado, a partir das 12:30 horas na zona infantil da Biblioteca da Rúa Rey Daviña. Os nenos e nenas interesados en asistir deberán inscribirse previamente na propia Biblioteca en horario de 17 a 20 horas.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget