Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


CABALGATA DE REIS 5ene'16

Martes 5 Enero 2016 19:00h desde explanada del Auditorio 

CABALGATA DE REIS 2016 

Actualizacion 4ene 15h: A CABALGATA DE REIS MANTENSE ANTE A PREVISIÓN DE METEO GALICIA QUE PROGNOSTICA MENOS CHOIVA PARA MAÑÁ, No caso de precipitacións intensas á hora do desfile, o percorrido anularase e adiantarase a recepción real no Concello

Salida desde explanada del Auditorio, Avenida da Mariña, Conde Vallellano, Arzobispo Lago, Alexandre Boveda, Alejandro Cerecedo, Doctor Touron, Praza de España, Edelmiro Trillo, Praza Independencia, Arapiles y Ravella.


Despois consultar as predicións meteorolóxicas con Meteo Galicia, o Concello de Vilagarcía decidiu manter a celebración da Cabalgata de Reis de mañá tal como estaba previsto inicialmente.
Dende o centro meteorolóxico informaron de que a intensidade das precipitacións diminuirá durante a xornada de mañá e que os chuvascos alternaranse con períodos secos. A concellería de Cultura opta por seguir o plan trazado inicialmente para o desfile das Súas Maxestades de Oriente, pero no caso de que horario do evento coincida cun episodio de choiva, a Cabalgata substituirase por unha graN recepción real no Concello.

Dende a Concellería de Cultura e a Comisión organizadora da Cabalgata confían en que o desfile de Melchor, Gaspar e Baltasar polas rúas da cidade poida celebrarse con toda a vistosidade e espectacularidade que o caracteriza para que todos os vilagarciáns, especialmente os máis cativos, teñan a oportunidade de recibir aos Magos de Oriente e saudalos ao seu paso polas rúas da cidade. Por iso, a concelleira Sonia Outón, indicou que contactará ata o último minuto con meteo Galicia para coñecer a evolución das condicións meteorolóxicas que apuntan a unha mellora respecto ao día de hoxe.

Non obstante, como a posibilidade de que se rexistren precipitacións existe, o Concello conta cun plan B para que os nenos e nenas non se queden ser ver aos Reis e para evitar que se mollen os cativos que forman parte da comitiva. No caso de que se poña a chover á hora do desfile, a Cabalgata suspenderase e no seu lugar celebrara adiantarase o inicio da recepción oficial no Concello para que Melchor, Gaspar e Baltasar dispoñan de tempo suficiente para atender a todos os cativos que desexen ir a saudalos e a expoñerlle as súas peticións.

De ter que optar por esta solución, habilitarase o salón de plenos para que o maior número de persoas poida realizar a espera baixo cuberto. A recepción organizaríase de xeito similar a anos anteriores, con entrada ao consistorio pola porta da Policía e, previo paso polo salón de plenos, iríase organizando a fila por un dos corredores laterais que dan ás escaleiras que levan ao salón Nobre da primeira planta, onde os Reis, nos seus tronos, recibirán aos pequenos. A saída realizarase de forma ordenada baixando polo outro lado das escaleiras para saír pola porta principal do Concello.

En caso de que o tempo permita celebrar a Cabalgata como estaba previsto, a recepción no Concello comezaría ao remate da mesma, xusto despois de que os Reis cheguen a Ravella e fagan as súas ofrendas ao Neno Xesús do Belén Vivinte.

Novo percorrido

Debido á realización das obras de humanización de Vista Alegre, a Cabalgata cambia este ano o seu percorrido. As carrozas dos Magos e as dos seus regalos, escoltados polos centurións romanos e os seus respectivos séquitos poranse en marcha ás 19:00 horas dende a explanada principal do Auditorio. Dende aí seguirán pola Avenida da Mariña cara Conde Vallellano para chegar á Praza de Galicia e continuar por Arcebispo Lago. Tras xirar en Alexandre Bóveda, seguirán por Alejandro Cerecedo para incorporarse á avenida Doutor Tourón e dirixirse á Praza de España. O desfile seguirá por Edelmiro Trillo e bordeará a Praza da Independencia para tomar por Arapiles e deterse ante os Xardíns de Ravella. Alí, Melchor Gaspar e Baltasar baixarán das súas carrozas reais para realizar o último tramo do paseo a pé, atravesando o xardín para, mediante unha pasarela, acceder ao Belén instalado fronte ao Concello.

Ao longo do percorrido, Melchor, Gaspar e Baltasar irán lanzando quilos e quilos de caramelos para agasallar a todas as persoas que acudan a recibilos.



MEDIO MILLAR DE PERSOAS COMPORÁN O SÉQUITO REAL NA CABALGATA DO MARTES

As carrozas das Súas Maxestades sairán este ano dende a explanada do Auditorio

A axenda de Melchor, Gaspar e Baltasar inclúe a recepción oficial no Concello e as visitas á Residencia Divina Pastora e ao Convento de Vista Alegre

Vilagarcía xa ten todo preparado para a visita que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente fan cada ano á cidade. Medio millar de persoas comporán o séquito real que acompañará a Melchor, Gaspar e Baltasar na Cabalgata na que percorrerán a vila. As obras de humanización en Vista Alegre impiden que o desfile parta este ano desde a zona, polo que a saída terá lugar dende a explanada do Auditorio.

Como consecuencia deste cambio tamén sufre variacións o percorrido polas rúas da cidade. As carrozas dos Magos e as dos seus regalos, escoltados polos centurións romanos e os seus respectivos séquitos poranse en marcha ás 19:00 horas do mércores, 5 de xaneiro, para saudar a todas as persoas que acudan a recibilos. Dende o Auditorio partirán pola Avenida da mariña cara Conde Vallellano para chegar á Praza de Galicia e continuar por Arcebispo Lago. Tras xirar en Alexandre Bóveda, seguirán por Alejandro Cerecedo para incorporarse á avenida Doutor Tourón e dirixirse á Praza de España. O desfile seguirá por Edelmiro Trillo e bordeará a Praza da Independencia para tomar por Arapiles e deterse ante os Xardíns de Ravella. Alí, Melchor Gaspar e Baltasar baixarán das súas carrozas reais para realizar o último tramo do paseo a pé, atravesando o xardín para, mediante unha pasarela, acceder ao Belén instalado fronte ao Concello.

Posteriormente, os Magos subirán ao Salón Nobre do Concello para ofrecer unha recepción á que están invitados todos os nenos e nenas que queiran saudalos directamente e expresarlle os seus desexos e peticións.

Grupos musicais e folclóricos da localidade tamén participarán da Cabalgata animando o desfile coas súas interpretacións. E como sempre, os Reis tirarán quilos e quilos de caramelos durante a Cabalgata.

Na axenda dos reis Magos, ademais da axetreada noite repartindo agasallos nas casas de todos os nenos e nenas da cidade, tamén está incluída a tradicional visita á Residencia de Anciás Divina Pastora e ao Convento de Vista Alegre para levarlle uns detalles e amosarlle o seu cariño tamén ás persoas maiores e ás monxas agustinas.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget