Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


EXPO SINDO CARAMÉS dic'15


Desde el sábado 12 Diciembre 2015 hasta 10 Enero 2016, de 17:00h a 19:00h, domingos de 12:00h a 14:00h en CentroCultural de Rubiáns. Entrada libre. 

O REFUXIO DAS PINCELDAS. EXPOSICIÓN DE PINTURA DE SINDO CARAMÉS 

Inauguración sábado 20h. Podremos disfrutar dunha exposición de obras do artista local G.M. Caramés no centro cultural de Rubiáns. Non hai mellor presentación que a que nos pode dar él mesmo:

"Os cadros que compoñen esta pequena exposición non son máis que bosquexos dun humilde aprendiz, xa entrado en anos, que malia todo aínda conseva a ollada atenta e curiosa do rapaz que mira pola fiestra e non deiza de sorprenderse ante a inmensa, compleza, ou quizás non tanto, natureza da propia cidade, da xente e das cousas que nos saen ao paso cada día.

A única finalidade desta mostra é a de compartir con todos vós as miñas pequenas grandes obsesións cotiás: o mar, a xente corrente, ou non tan corrente, as mulleres, algúns homes, e, sobre todo, a vida.

Con estas obriñas ou divertimentos paso o tempo, e vos podo asegurar que fan moi levadeiros os momentos menos agradables e conxugan as sombras que atopamos, ás veces no camiño. Se son capaces de arríncarvos un sorriso, xa me dou por satisfeito". (G.M. Caramés)

Texto extraido dunha anterior exposición. Sinxelo, humilde, humán, xenial. Si non tuvestedes oporunidade de disfrutar da sua arte velai os deixamos as fotos da exposición. Cita obrigada.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget