Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


INSCRIPCIÓN PROBAS CELGA -8fe'16

Probas en Abril 2016 en Santiago e Ponferrada. Inscripción ata o 8 Febreiro 2016. Prezo 15,61€

INSCRIPCIÓN PROBAS DO CELGA. 4 NIVEIS 

Os interesados en examinarse para obter o título acreditativo poden anotarse ata o 8 de febreiro

A taxa é de 15,61 euros e os exames realizaranse en Santiago

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello informa de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar as probas correspondentes ao ano 2016 para a obtención dos certificados de lingua galega dos catro niveis CELGA. Os interesados dispoñen de prazo ata o día 8 de febreiro para inscribirse atendendo aos requisitos publicados no DOG do 7 de xaneiro.

Os destinatarios destas probas son as persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes do fin de 2016, xa sexan nacionais ou estranxeiros, establecéndose como lugares para realizar os exames, Santiago de Compostela e Ponferrada. Os exames celebraranse en abril, concretamente o día 10 para o Celga 1; o do Celga 2 será o 3 de abril, mentres que os do nivel 3 terán lugar o día 9. Por último, as probas do Celga 4 serán o día 2 de abril.

O xeito e lugar de presentación das solicitudes, así como os requisitos a cumprir e documentación a presentar, figuran na resolución publicada no DOG o pasado 7 de xaneiro. A taxa a abonar por dereitos de exame ascende a 15,61 euros.
Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget