Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

PARTICIPA NA CABALGATA DE REIS 2016

Inscripción del 14 al 16 de Diciembre de 2015 

BASES REGULADORAS DE PARTICIPACIÓN NAS CARROZAS DA CABALGATA DE REIS 2016 

1.-As presentes bases redáctanse para regular a participación de nenos/as nas carrozas da Cabalgata de Reis 2016, que como é tradicional desenrólase en Vilagarcía de Arousa o día 5
de xaneiro de 2016 ás 19:00 hs.

2.-A Cabalgata estará composta por: 3 carrozas de SS.MM. Os Reis Magos e 3 carrozas con agasallos que irán acompañando a cada unha dos Reis Magos.

3.-Poderán participar todos/as as nenos/as empadroados neste municipio, que teñan entre 8 e 15 anos de idade.

Os nenos e nenas entre 8 e 9 anos acompañarán os Reis Magos nas súas carrozas e entre 10 e 15 irán nas carrozas de agasallos.

4.- O número de prazas é de 60, das cales, 24 serán para participar nas carrozas dos Reis Magos, ( nenos e nenas entre 8 e 9 anos) e 36 serán para participar nas carrozas de agasallos (nenos e nenas entre 10 e 15 anos).

´5.-Os participantes deberán ir ataviados acorde coa temática da cabalgata (vestidos de paxes)
*En caso de non ser atendidas as recomendacións de vestimenta a organización reservase o dereito de admisión)

6.- A solicitude: As familias deberán presentar unha única inscrición por nenos e nenas (excepto no caso de que se inscriba a varias persoas da mesma unidade familiar, sempre que estean no mesmo grupo) (anexo 1)), que será facilitada na Concellería de Cultura a partir do día 11 de decembro de 2015 a 16 de decembro de 2015, data de remate da inscrición, en horario de atención o público (de 8:30 hs. a 14:30 hs.)

7.- Na solicitude non deberá constar o nome de ningunha carroza: (nin dos Reis Magos nin de agasallos).

8.- A solicitude deberá ir acompañada da fotocopia do DNI do pai, nai, titor/ra ou representante legal do/a menor, así como do DNI do/a neno/a participante ou da folla correspondente do libro de familia.

9.- O prazo de presentación será do 14 de decembro ao 16 de decembro de 2015.

10.- As solicitudes deberán ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa, en horario de atención o público de 8:30 hs. a 14:30 hs. e polas tardes de 17:00 hs. a 20:00 hs.

11.- O proceso de selección será o seguinte:

A adxudicación pode ser:

- Directa: no caso de que a demanda non supero o número de prazas dispoñibles.
- Por sorteo público, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles, que se levará a cabo do seguinte xeito:

- O día 22 de decembro ás 12:00 hs. no Salón de Plenos do Concello.
- Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as o 23 de decembro de 2015 nos taboleiros da Concellería de Cultura e na páxina web

12.- As adxudicacións serán persoais e intransferibles.

13.- Listaxe de agarda:

Publicada a listaxe definitiva dos/das admitidos/as confeccionarase unha listaxe de agarda cos/as- solicitantes excluídos, que seguirá a orde de resultado do sorteo.

En función das baixas que se produzan os nenos/as entrarán nas carrozas seguindo a orden na que figuren na lista.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget