Sábado 13 Febrero 2016 

SÁBADO INGLÉS 

Concurso de disfraces con premios en categorías infantil, individual, parellas, grupos.
Premio a local hostaleiro mellor ambientado. Ambientación de rúas. Photocall.

Ao mediodía terá lugar una exhibición de crossfit e pola tarde haberá o concurso de disfraces infantil, teatro, photocall e animación musical

Pola noite terá lugar o concurso de disfraces para adultos e o do local hostaleiro mellor ambientado

As previsións de chuvia obrigaron a cancelar outras actividades previstas como o pasacalles ou o mercado de rúa

A sucesión de borrascas que estes días están a desfilar por Galicia, perturbando as actividades do Entroido, tamén afectarán ás previstas no Sábado Inglés.

A asociación de hostaleiros de Vilagarcía que xuntamente co Concello e Zona Aberta organizan este evento víronse obrigados a cancelar ou modificar boa parte do programa previsto.

Entre os actos que nos se poderán celebrar por mor da choiva que se anuncia está o pasacalles británico que ía percorrer as céntricas rúas da vila que se ían a engalanar para a ocasión. Tamén houbo que cancelar o mercado de rúa, ao estilo Camden Town que estaba previsto.

O resto dos actos así como o punto de encontro para os que se presenten ao concurso de disfraces tanto infantil como de adulto foron trasladados á praza da Peixería.

PROGRAMA

12:30h Ensaio do entrenamento das Forzas Especiais Británicas, a cargo dos monitores e alumnos do CrossFii Old Metal de Vilagarcía.

17:00h a 18:30h Photocall do concurso de disfraces infantís

18:30h “Piraclown”, espectáculo interactivo para os nenos que combina as aventuras piratas e o humor dos clowns a cargo de Tatana Teatro

19:00h a 21:00h Animación musical e baile de disfraces con Duendeneta Dillei.

22:00h a 01:00h Photocall do concurso de disfraces de adultos.

PREMIOS

Os participantes na modalidade infantil deberán presentarse no photocall da praza da Peixería entre ás 17.00 e as 18.30 horas, para anotarse, seren fotografados e recibir un número de identificación.

Os participantes nas modalidades de adultos de individual, parellas e grupos deberán presentarse no photocall da praza da Peixería entre ás 20 e as 21 horas ou entre as 23 e as 01 horas, para anotarse, seren fotografados e recibir un número de identificación.

Haberá ademais un premio para o local hostaleiro mellor ambientado, para o que se valorará tanto a súa decoración como o vestiario dos camareiros

O xurado (composto por un representante do Concello, outro de Ahituvi e outro de Zona Aberta) visitará na noite do sábado os locais hostaleiros previamente inscritos no concurso. Posteriormente reunirase o martes e resolverá o concurso en todas as súas categorías.

Os premios, segundo as diferentes categorías, consistirán en:

· Grupo: 300 € en metálico.

· Parella: Sesión de spá, cea romántica para dúas persoas e una noite de hotel con almorzo

· Individual: 150 € en metálico e unha cea.

· Local hostaleiro mellor ambientación: 300 € en metálico.

· Infantil: 150 € en vales de compra de Zona Aberta



Eventos del Sábado 13feb

Eventos del Domingo 14feb
 
Top