Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


CONCERTO CRISTIAN SILVA 23mar'16

MÚSICA

Miércoles 23 Marzo 2016 22:00h en Salón García. Entrada desde 5€ 

CRISTIAN SILVA: EGO 

Cristian Silva é un artista polifacético con dominio en varios estilos e diversos instrumentos de todo tipo. Posúe unha ducia de primeiros premios en concursos de música tradicional, destacando o Premio Gaiteiro de Soutelo 2011. Podemos atopalo en diversas publicacións e gravacións discográficas, e entre a súa traxectoria e colaboracións podemos citar multitude de artistas como Carlos Núñez, Susana Seivane, Rosa López ou Rosa Cedrón entre outros.

Entre as súas diversas ocupacións, foi xurado e coach no concurso Vai de gaita da Televisión de Galicia, onde se busca ao mellor gaiteiro do ano. Na actualidade é profesor do Conservatorio Profesional de música “Xan Viaño” de Ferrol e do Conservatorio Profesional de Vilagarcía de Arousa.

Ego, o seu primeiro traballo en solitario, significa un paso adiante necesario dentro da súa traxectoria logo de anos dedicado á formación e ás colaboracións. Ego é unha viaxe onde, a través de dez estacións, a gaita e as frautas mestúranse cos sintetizadores e a percusión galega para levarnos a un novo e innovador espazo sonoro. Así, a tradición fúndense coas vangardistas técnicas interpretativas da gaita e a música indie-pop.

Producido ao completo polo propio músico, Ego ten influenzas de rock, flamenco e música electrónica onde, dende un prisma persoal, Silva toca o medio cento de instrumentos que se poden escoitar ao longo dun disco que está, ademais, aderezado polas colaboracións de artistas de renome como Davide Salvado, Pedro Pascual ou Pandeiromus.

Venda de Entradas: anticipada en Ticketea.com e no Tlf: 902044226, e no mesmo día da actuación no Salón García a partir das 20:00 hs.

Prezo: 5€ (+gastos de xestión)

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget