Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

EXPO PAZ ANTÓN 29en-29feb'16


Desde el 29 Enero a las 20:00h al 29 Febrero 2016 en Sala Antón Rivas Briones. Entrada libre 

"REVISIÓNS" EXPOSICIÓN DE PAZ ANTÓN 

En Revisións o artista Paz Antón (O Porriño 1957) constrúe unha serie de estampas de universo propio onde conflúen imaxes, símbolos e grafismos con tendencia a un certo onirismo e ambientacións de figuración máxica. Revisións, o título da exposición, indica os camiños utilizados no proceso creativo que deben moito á amalgama de diversas imaxes procedentes da fotografía antiga, da etnografía, do retratismo, da cultura pop ou, especialmente, da propia historia da arte a través dos tempos.

Ben dun xeito explícito (as tres versións das Meninas) ou ben dun xeito mais críptico (a temática de “Susana e os vellos” de Tintoretto), as revisións teñen o ánimo de crear obrar nova onde a iconografía provoca provoca novos significados. Revisión constante, tamén, do propio proceso pictórico, das temáticas e dos sentimentos que destilan os pigmentos sobre o inicial fondo branco. E, como ven sendo habitual, as alusión sao mundo da música – a outra profesión do artista- continúan sendo unha constante no seu labor. Músicos e danzantes que tratan de superar a ausencia de son imposta pola plástica (“os coros do silenzo” que diría o poeta Manoel-Antonio) cunha outra harmonía de formas e cores.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget