Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


EXPO ROSALÍA DE CASTRO 24feb-21mar'16

EXPO Dende o 24 de febreiro, "Día de Rosalía" ata o 21 de marzo, "Día da Poesía" en horario de 9 a 21 horas, de luns a venres. Os sábados, de 9 a 14 horas en Biblioteca Municipal. Entrada libre 

OS VERSOS DE ROSALÍA TOMAN CORPO NAS CASAS DA CULTURA DE VILAGARCÍA CON MOTIVO DO ANIVERSARIO DA POETISA 

Pancartas co versos dos poemas " colgaranse nas fachadas da Casa da Cultura e dos 21 centros culturais

A Biblioteca Municipal inaugura o mércores a exposición sobre a vida e a obra da autora do Rexurdimento

O Concello de Vilagarcía conmemora o mércores, 24 de febreiro, o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Co obxecto de realzar esta data e, en especial, a importancia que autora de Padrón tivo no Rexurdimento en Galicia, o Concello potencia a exposición que anualmente organiza a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro e dará unha maior dimensión á celebración e á importancia da mesma colgando versos da poetisa nas fachadas da Casa da Cultura e dos 21 centros socioculturais do municipio, recollendo deste xeito unha das propostas realizadas polo grupo municipal nacionalista.

En conmemoración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837, a Biblioteca Municipal lembra á figura central do Rexurdimento cunha exposición bibliográfica que se inaugura o mércores 12 do mediodía nun acto que presidirá a concelleira de Cultura, Sonia Outón, e n o que intervirá Ana Blanco, en representación da Fundación Rosalía de Castro. No acto participará tamén un grupo de alumnos grupo da E.S.O. do colexio San Francisco, cos que Ana Blanco departirá uns minutos sopbre a figura, a obra e a importancia de Rosalía de Castro para as letras e a lengua galega.

A exposición instalarase no vestíbulo da Casa de Cultura da Rúa rey Daviña, sede da Biblioteca e nela recóllense as súas obras e os estudios críticos e biográficos existentes nos seus fondos e que versan sobre a vida e a obra da poetisa. Na zona do vestíbulo colocaranse os paneis sobre a vida e obra en o primeiro anda rda Biblioteca exhibiranse as obras.

A mostra complétase cun tríptico informativo no que se relacionan os títulos expostas, máis de cen obras repartidas entre: obras completas, obra poética, obra en prosa, antoloxías, escolmas, publicacións sobre a súa vida, obra e pensamento, e outras publicacións arredor de Rosalía.

Da mostra bibliográfica, destacar a edición de "Cantares Gallegos", publicada pola editorial "Galí" en 1941, na que se reproduce a primeira edición de 1863, correxida e revisada pola autora. Esta edición recolle a dedicatoria da autora a Fernán Caballero, pseudónimo co que escribía a tamén escritora española Cecilia Böhl de Faber y Larrea, datada o 17 de maio de 1863. Esta data foi elixida, pola Real Academia Galega, para instituír o Día das Letras Galegas que se celebra todos os anos, o 17 de maio.

A maiores, e en atención a proposta realizada polo grupo municipal do BNG, o Concello colgará nas fachadas da Casa de Cultura e dos 21 centros socioculturais do municipio pancartas con versos de Rosalía de Castro co obxecto de que o aniversario do nacemento desta importante figura da cultura Galega non lle pase desapercibido a ninguén e de que todo o mundo teña a oportunidade de coñecer un pouco máis da súa obra. Os versos elixidos neste primeiro ano corresponden aos poemas "Alborada" e "Eu cantar, cantar, cantei".

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget