Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


FESTIVAL DE DANZAS DO MUNDO 25-26feb'16

Jueves 25 y Viernes 26 Febrero 2016 19:30h en Escola Municipal de Música Bernardo del Río. Entrada libre 

A ESCOLA DE MÚSICA INTERNACIONALÍZASE CO FESTIVAL DE DANZAS DO MUNDO 

Os alumnos de Música e Movemento serán os protagonistas, un ano máis e xa é a V edición, do Festival de Danzas do Mundo que terá lugar na Sala de Concertos da Escola Municipal de Música nos vindeiros días.

Xoves 25 de febreiro ás 19:30h. alumnos de M.M. de 4 anos
Venres 26 de febreiro ás 19:30h. alumnos de M.M. de 5 anos

A entrada é libre e de balde.

Os alumnos de Música e Movemento serán os protagonistas de sendas actuacións o xoves e o venres na sala de concertos do centro 

Os sons e os ritmos máis internacionais inundan estes días a Escola Municipal de Música Bernardo del Río de Vilagarcía a través do festival de Danzas do Mundo que protagonizarán os alumnos máis cativos do centro. O xoves actuarán os educandos de 4 anos e o venres os de 5. Os espectáculos terán lugar ás 19:30 horas na sala de concertos da escola. A entrada é libre e de balde.

O centro Bernardo del Río organiza por quinto año consecutivo este festival no que se porá en escena unha selección de danzas de todo o mundo. Os docentes de Música e Movemento foron os que elixiron os temas que tiveron que adaptar lixeiramente ás idades e capacidades dos cativos,así como as dimensións do escenario da sala. Non obstante, os mestres trataron de respectar o máximo posible as danzas orixinais. Para organizar este cuarto festival, tamén se quixo abarcar o maior número de países posibles, introducindo danzas típicas de moitas nacionalidades e culturas.

No mes de decembro foron os alumnos e alumnas de 6 e 7 anos os que demostraron sobre o escenario as súas dotes coa frauta doce, no concerto de clausura do primeiro trimestre do curso, onde tocaron os temas traballados dende o mes de setembro.

Por ouro lado, a Escola de Música xa programou as diferentes Audicións Instrumentais do segundo trimestre, que se realizarán entre o luns 29 de febreiro e o venres 4 de marzo.

A maiores, e como xa se ven facendo dende hai tres anos, durante o segundo trimestre, os alumnos e alumnas do centro municipal participan no "Trimestre do compositor", dedicado este ano a Antonio Vivaldi; e á Música Tradicional. Con este programa, a Escola Bernardo del Río amosará aos seus educandos a variedade de estilos musicais existentes para completar a formación que se lles ofrece no centro.

O alumnado presentarán traballos sobre a figura e a obra de Vivaldi e tamén sobre a Música Tradicional. E como colofón ao, o venres 18 de marzo protagonizarán un concerto con obras do compositor italiano e unha breve selección de temas tradicionais.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget