Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


INSCRIP ACTIVA O CORPO, ACTIVA A MENTE 2016

Inscripción del 10 al 25 Febrero 2016. Participación libre. 40 plazas para mayores de 55 años. Se harán en Primavera y Otoño 2016 en Auditorio.

ACTIVA O CORPO, ACTIVA A MENTE. NOVA EDICIÓN DOS OBRADOIROS DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

O programa "Activa o corpo, Activa a mente" desenvolveranse no Auditorio en quendas de primavera e outono

Os maiores de 55 anos poden anotarse a partir de mañá nas dependencias da Área de Persoas Maiores. A asistencia é gratuíta

Farán uso das novas tecnoloxías para traballar a atención ou coordinación mediante xogos específicos da Wii

A Área de Persoas Maiores pen en marcha unha nova edición do programa "Activa o corpo, Activa a mente" destinado a favorecer o envellecemento activo dos maiores de 55 anos. O departamento que dirixe Tania García oferta 40 prazas para os obradoiros gratuítos que se impartirán no Auditorio en primavera e outono. O prazo de inscrición ábrese mañá, 10 de febreiro, e remata o día 25.

O programa "Activa o Corpo, Activa a Mente" conta cunha grande aceptación por parte do colectivo ao que vai dirixido xa que nas sesións realízanse terapias cognitivas, físicas e duais que inciden de xeito moi positivo no benestar dos maiores e na mellora da calidade da súa vida mediante a autonomía persoal.

O grupo Sacendi, especializada na prestación de servizos sociosanitarios, será a encargada de impartir os obradoiros a través da súa unidade de Memoria Saraiba.

MUSICOTERAPIA, TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E SQUARE STEP

Os obradoiros divídense en tres etapas. Na primeira traballaranse terapias cognitivas co obxectivo de adestrar a atención e memoria colectiva mediante actividades de estimulación sensorial e mental como a musicoterapia e o uso de novas tecnoloxías, como por exemplo xogos específicos na consola Wii.

A segunda fase abordará as terapias físicas tendentes a mellorar a axilidade, coordinación e mobilidade dos participantes. Nesta parte realizarán deportes adaptados, técnicas de relaxación e exercizos de forza, equilibrio e resistencia.

A última fase dos obradoiros Activa o Corpo, Activa a Mente, desenvolveranse terapias duais, é dicir, ás que combinan o traballo sobre a área cognitiva, física e emocional. Nestas sesións traballarase a mellora da autoestima e faranse actividades de risoterapia e exercizos de square step.

Para desenvolver os obradoiros realizaranse dous grupos de 20 participantes cada un. As clases impartiranse todas as tardes dos venres de marzo a xuño e de setembro a novembro. Os asistentes dividiranse en dous grupos para participar con horarios de sesións de 16 a 18 horas e de 18 a 20. 2 horas. Os interesados en asistir deben inscribirse nas dependencias de Persoas Maiores a partir de mañá, 10 de febreiro. O prazo remata o día 25 deste mesmo mes.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget