Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


OFERTAS TRABALLO CONCELLO VILAGARCÍA feb'16


Febrero 2016

O CONCELLO INFORMA DAS 34 OCUPACIÓNS SOLICITADAS PARA CONTRATAR DESEMPREGADOS A TRAVÉS DO POS 2016 DA DEPUTACIÓN (Plan de cooperación ás obras e servizos municipais)

Os interesados deben estar rexistrados nas listas de demandantes de Emprego con algún destes perfís

O servizo Público de Emprego será o encargado de remitir ao Concello a lista cos candidatos

A Área de Promoción Económica e Emprego do Concello fixo pública hoxe a lista das ocupacións solicitadas á Deputación Provincial de Pontevedra para a contratación de persoas desempregadas a través do Plan de Obras e Servizos 2016. Trátase de 34 postos para aos que terán a oportunidade de optar as persoas que estean rexistradas nas listas do paro con algún dos perfís especificados. O Concello informa das ocupacións a efectos de que os interesados poidan adecuar os seus currículos no Servizo Público de Emprego (antigo INEM) que será o organismo encargado de preseleccionar aos aspirantes.

As 34 ocupacións requiridas polo Concello son:
  • 2 EMPREGADOS ADMINISTRATIVOS EN XERAL(CICLO MEDIO FP XESTIÓN ADMINISTRATIVA), 
  • 1 MONITOR E/OU ANIMADOR DEPORTIVO (CICLO MEDIO DE FP/TAFAD),
  • 1 CONDUCTOR/OPERADOR DE RETROESCAVADORA
  • 10 AXUDANTES ALBANEIS
  • 4 PEÓNS FORESTAIS, 
  • 3 PINTORES E/OU EMPAPELADORES, 
  • 4 INSTALADORES ELECTRICISTAS 
  • 1 CARPINTEIRO EN XERAL, 
  • 2 FONTANEIROS 
  • 1 SOLDADOR PARA ARCO ELÉCTRICO EN XERAL
  • 5 TRABALLADORES DE CONSERVACIÓN DE PARQUES URBANOS, XARDÍNS HISTÓRICOS E BOTÁNICOS
Contratos de 10 meses para colectivos con especiais dificultades de reinserción

Os contratos realizados a través deste plan provincial de emprego terán unha duración de 10 meses. O programa terá como destinatarios preferentes a parados de larga duración sen prestacións, perceptores da Risga ou Prepara e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos especialmente desfavorecidos. O plan finánciase cunha achega da Deputación de 325.000 euros aos que o Concello suma 85.000 euros máis.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget