Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


TROFEO ATLETISMO MAZÍ 21feb'16

21 Febrero 2016 10:00h en Fontecarmoa. Entrada libre 

TROFEO ATLETISMO MAZÍ - CIDADE DE VILAGARCÍA

Queremos informaros de que el próximo domingo 21 celebraremos en las pistas municipales de atletismo el "Trofeo Atletismo Mazí - Cidade de Vilagarcía". Esta es una competición de carácter de promoción en las categorías base de nuestro deporte (prebenjamín, benjamín, alevín e infantil).
Os adjuntamos el horario.

HORARIO
(imaxe adxunta)

REGULAMENTO

Art.1.- Poderán participar todos os atletas federados que se atopen en calquera das seguintes
  • Atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual (2015/16) por algún Club pertencentes a Galicia.
  • Atletas con ficha pola Federación Galega de Atletismo aínda que pertenzan a clubs de outras 
  • Atletas non galegos ou estranxeiros convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións.
Art.2.- As inscricións faranse a través do sistema online da web de RFEA (https://isis.rfea.es/sirfea2/) ata as 23:59 horas do Mércores 17/02/2016.

Art.3.- As inscricións da categoría Prebenxamín (nados no ano 2009-2010), farase enviando un correo electrónico a atletismomazi@gmail.com indicando: nome e apelidos, data de nacemento e DNI do atleta.
Ademais o nome, apelidos e DNI do titor, xunto cun teléfono de contacto ata as 23:59 horas do Mércores

Art.4.- A organización dará acreditacións para que os adestradores poidan estar dentro da pista e facilitar a súa labor. Estas acreditacións repartiranse en función do número de inscritos de cada Club (ata un máximo de 4).

Para solicitalas os Clubs deberán enviar un correo electrónico a atletismomazi@gmail.com indicando:
  • nome e apelidos, DNI e cargo no Club da persoa ou persoas a acreditar 
  • número total de atletas inscritos na proba
Art.5.- Limitación de probas: cada atleta só poderá participar en 2 probas seguindo esta limitación (1 carreira + 1 concurso ou 2 concursos) e máis o relevo.


Art.6.- Táboas de lonxitude: estarán a 1 metro en Benxamín, e a 2 metros en Alevín e Infantil.


Art.7.- Nas probas de concursos todos os participantes farán 3 intentos. Poderase modificar o número de intentos en función do número de inscritos.

Art.8.- As cadencias das probas de saltos serán as que seguen:
  • ALTURA BNX.: 0.80 – 0.85 – 0.90 – 0.95 – 1.00 – 1.03 – 1.06 e de 3 en 3 cm.
  • ALTURA ALV.: 0.85 – 0.95 – 1.00 – 1.05 – 1.10 – 1.13 – 1.16 e de 3 en 3 cm.
  • ALTURA INF.: 1.00 – 1.10 – 1.15 – 1.20 – 1.23 – 1.26 e de 3 en 3 cm.
Art.9.- A recollida de dorsais realizarase na secretaría da competición ata 45 minutos antes do comezo da proba, sendo estes recollidos polos delegados dos Clubs.

Art.10.- Os atletas deberán empregar o dorsal outorgado pola organización de forma totalmente visible, en toda a superficie. O incumprimento desta norma será motivo de descalificación. Será responsabilidade dos atletas levar consigo 4 imperdibles para a colocación do dorsal. A organización non facilitará imperdibles.

Art.11.- Outorgaranse medallas nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil ata o quinto clasificado de cada proba, categoría e sexo. Excepto nas probas de relevos onde só se outorgarán medallas os tres primeiros clasificados. Tódolos participantes en categoría Prebenxamín levarán medalla.

Art.12.- Tódolos participantes estarán cubertos polo Seguro de Accidentes Deportivos da F.G.A. No caso da categoría Prebenxamín estarán cubertos por un seguro de Accidente Deportivo Específico.

Art.13.- Tódolos atletas ao realizar a inscrición, aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet.

Art.14.- Todo o non disposto no presente Regulamento resolverase de acordo coas normas da I.A.A.F.

Art.15.- A organización non se fai responsable dos danos morais ou materias que se puidesen producir.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget