Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


8M LECTURA MANIFESTO 8mar'16


Martes, 8 de marzo ás 12:00 horas Porta principal do Consistorio 

LECTURA DO MANIFESTO 

Martes 8 Marzo

12:00h Lectura do Manifesto do 8M elaborado polo Consello Local da Muller e aprobado polo Pleno da Corporación Municipal.

19:30h Auditorio Municipal: Maratón fotográfico pola igualdade. Entrega de premios e inauguración da exposición.

Miércoles 9 Marzo

21:00h Documental "Mulleres da Raia" e coloquio coa directora Diana Gonçalves

Sábado 12 Marzo 

22:00h Cea da Muller en restaurante A Batea

8 de MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Hoxe, día 8 de marzo, celebramos como cada ano o Día Internacional das Mulleres, empregadas, empresarias, coidadoras, nais, desempregadas, solteiras, lesbianas,… en plural, para resaltar a nosa diversidade pero tamén a nosa loita común.

Fronte ao individualismo do sistema heteropatriarcal, sororidade feminista.

Hoxe é un día de celebración, un día para estar orgullosas de sermos mulleres, un día para lembrar a todas aquelas mulleres valentes e a todos aqueles colectivos feministas que fixeron posible todos os avances en igualdade que hoxe as máis novas poden desfrutar, pero tamén é un día para reivindicar que aínda temos moito camiño por percorrer para acadar a igualade real e efectiva.

Agora é o noso momento o momento das mulleres que reclaman os seus dereitos e unidas loitamos para acadalos.

É día para a reivindicación, porque a realidade da relación entre muller e traballo segue arrastrando discriminacións históricas e moi especificas en relación ao xénero: a segmentación do mercado laboral, a xerarquización, a desigualdade salarial, o emprego a tempo parcial, o medo empresarial ao factor reprodutivo, a dobre e as veces tripla xornada, os problemas de conciliación…. Factores que se viron agravados pola crise, polas medidas de austeridade, os recortes en programas sociais e de conciliación e, por suposto, a reforma laboral, facendo aínda máis hostil, se cabe, a situación para as mulleres.

Os datos son alarmantes, as mulleres galegas estamos 10 puntos por debaixo na taxa de ocupación laboral, case o 19% das mulleres están desempregadas a pesar do descenso da poboación activa feminina debido a emigración nestes anos de crise e a fenda salarial acada no noso país a cifra do 13,5%.

Das mulleres empregadas un 23% faino con contratos a tempo parcial, no caso dos homes esta proporción situase no 7%, por non atopar, en ámbolos dous casos, un traballo a tempo completo.

Outro factor determinante da precariedade da muller no mercado laboral ven determinado pola feminización dos coidados familiares, sexan por coidado de fillos/as ou familiares dependentes, que as expulsa do mercado laboral para situalas nunha situación de maior vulnerabilidade. Unha de cada 8 mulleres reduce a súa xornada laboral para dedicarse aos coidado familiares, segundo o Ministerio de Sanidade e Seguridade Social o 93.5% das persoas que realizan traballo informal de coidados son mulleres.

A incorporación da muller ao traballo remunerado supuxo un cambio importante no rol tradicional das mulleres: unha visibilización das mulleres na esfera pública, un maior nivel de autonomía persoal e económica e unha maior presenza social afastándoa da esfera doméstica e do seu ámbito de control e influencia pero tamén trouxo a trampa da dobre ou triple xornada laboral.

Á vista dos datos expostos temos moito camiño por percorrer para diminuír as fendas de xénero e as desiguais relación laborais tanto no emprego fóra do ámbito doméstico como nas corresponsabilidades familiares así como por desbotar os os estereotipos sexistas.

Son necesarias de forma expresa medidas de conciliación para favorecer o acceso ao emprego e ao seu desenvolvemento en igualdade de condicións e oportunidades, a igual traballo igual salario, e fomentar a corresponsabilidade familiar para que poidamos desfrutar do noso tempo dunha forma máis libre e non alienante.

O Consello local da Muller considera fundamental a aprobación dunha ordenanza de igualdade que contribúa a:ENSIONES CONTRIBUCIONE
o Actuar como altofalante da lexislación en materia de igualdade
o Obxectivar e evidenciar o compromiso municipal para con estas políticas.
o Marcar as liñas de obrigado cumprimento para todos os ámbitos e /ou secretarías, concellerías municipais na promoción da igualdade.
o Implicación de toda a organización municipal como garante da sua extensión cara a toda cidadanía
o Sentar as bases sobre as que logo se desenvolverán as iniciativas concretas.

Hoxe en especial queremos animar á xente moza na loita cara a igualdade entre mulleres e homes. Porque non queremos xeracións acomodadas, resignadas á realidade que viven sen cuestionarse como poden cambiala. Esa etapa da mocidade relacionada coa rebeldía e a loita polos dereitos cada vez correspóndese menos coa realidade. No caso do feminismo é aínda máis evidente posto que conta con poucos apoios. Moita xente pensa que está todo feito e que as desigualdades non son relevantes en comparación coa situación das mulleres en épocas anteriores. Este pensamento é moi perigoso, non só porque as desigualdades son importantes e moi graves, senón tamén porque esta sensación, ademais de crear un estancamento na evolución cara á igualdade, supón un retroceso nos nosos dereitos.

Este Manifesto representa o compromiso, a reivindicación, a reafirmación, a vontade e a redefinición da realidade e porque "querer é poder " e todas a unha soa VOZ.

Por último, dende o Consello Local da Muller solicitamos á Corporación Municipal que apoie este Manifesto traballando para facer realidade as propostas que nel se fan a nivel do local e que se sume a participar na súa lectura no acto do vindeiro 8 de marzo ás 12,00h na porta do Concello.


CONSELLO LOCAL DA MULLER DE VILAGARCIA DE AROUSA

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget