Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

MOSTRA MUSICAL DO EIXO 23-24abr'16

MÚSICA

Sábado 23 y Domingo 24 Abril 2016 en Auditorio de Vilagarcía. Entrada libre 

V MOSTRA MUSICAL DO EIXO ATÁNTICO 

O auditorio de Vilagarcía volverá a converterse, por quinto ano consecutivo, no lugar de encontro do mellor talento musical de Galicia e o Norte de Portugal. Será con motivo dunha nova edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico, ao que asistirán arredor de 250 xoves músicos de una vintena de municipios de Galicia e o Norte do país veciño. A cita está prevista para o sábado 26, fase previa, e o domingo 27, fase final.

Esta mañá, na sede do conservatorio local, técnicos galegos e portugueses e do propio Eixo Atlántico mantiveron unha reunión para seguir avanzando no programa dese intenso fin de semana. Así, ademais de aceptar como válidas todas as inscricións feitas ata o momento, tamén se decidiu que para axilizar o proceso o sábado traballarán dous xurados ao tempo, converxendo nun só para o domingo, na fase final. Das distintas categorías nas que se pode participar, a de solista é, con moito, a que máis inscricións recibiu.

A Mostra Musical do Eixo Atlántico xurdeu como evolución da Mostra de Xóvenes Intérpretes que hai anos se organizaba en Vilagarcía con carácter local. O Concello quixo potenciar este certame e expandilo xeograficamente, polo que presentou a iniciativa ao Eixo Atlántico, que a acolleu con grande interese. Dende entón se converteu en trasfronteiriza. Como promotora da Mostra, Vilagarcía ostenta a sede permanente da final deste certame que organiza o Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía xunto coa Concellería de Educación.

Coa Mostra Musical preténdense fomentar as relacións entre Galicia e o Norte de Portugal través da educación musical, así como dar a coñecer aos músicos noveis e o traballo que se está a realizar dende as escolas de música e conservatorios das cidades do Eixo. Os obxectivos da Mostra son os de recoñecer, premiar e difundir a práctica da música, así como apoiar e motivar aos xóvenes músicos e intérpretes, dándolles a oportunidade de compartir experiencias, de aprender e de competir nun certame que conta cun elevado nivel. Na Mostra pódense presentar solistas e agrupacións e orquestras e interpretar tanto música clásica como jazz.

Su objetivo es, desde 2008, la de reconocer, promover, premiar y difundir la práctica de la Música, apoyando a los músicos e intérpretes que por su valor e interés puedan contribuir a la difusión del gusto por la Música de Galicia y del Norte de Portugal, favoreciendo la innovación, la calidad, la interacción y la renovación en el panorama musical del Eixo Atlántico.

En cada edición reúne cerca de 300 alumnos de las escuelas de música y conservatorios de las ciudades del Eixo Atlántico.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget