Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

OBRADOIRO PAISAXE GALEGA 9mar'16

Miércoles 9 Marzo 2016 16:00h en Centro de Matosinhos. Participación libre 

OBRADOIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PARA CONTRIBUÍR NAS DIRECTRICES DA PAISAXE GALEGA

Non é preciso inscrición, pero a efectos de organización aconséllase comunicar a asistencia a través do mail atlaspaisaxe.iet@xunta.es

Os colectivos e veciños de Vilagarcía e da contorna poderán opinar e propoñer as súas ideas de cara ao futuro que desexan para a paisaxe autóctona. Coa intención de abrir á cidadanía á participación na elaboración das Directrices da Paisaxe Galega, o Instituto de Estudios do Territorio, dependente da Xunta de Galicia, organiza mañá pola tarde en Vilagarcía un obradoiro co obxectivo de pulsar a opinión da cidadanía de cara á elaborar as determinación e obxectivos de calidade paisaxística, os criterio e as accións a desenvolver en cada zona.

O obradoiro celébrase mañá, mércores 9 de marzo, a partir das 16:00 horas na aula CEMIT do Centro Municipal de Matosinhos. Técnicos do Instituto de Estudios do territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras serán os encargados de informar á xente sobre a Estratexia de Paisaxe en Galicia cuxo documento, que se atopa nunha fase previa de elaboración, atópase nestes momentos en exposición pública para a presentación de alegacións. OP documento pode consultarse na ligazón:http://www.cmati.xunta.es

O IET convidou a diversos colectivos da zona a asistir a este obradoiro ao que tamén poderá asistir calquera persoa a título individual que estea interesada na temática. A entrada é libre e non é preciso inscrición previa, aínda que a efectos organizativos e de loxística aconséllase comunicar a asistencia a través do mail atlaspaisaxe.iet@xunta.es.

A sesión de mañá en Vilagarcía forma parte do ciclo de 50 obradoiros participativos que está realizar o IET en toda Galicia, un por cada área paisaxística da comunidade. A previsión é que o acto remate sobre as 21:30 horas.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget