Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


PRESENT ASOC CURTAS 18mar'16


Viernes 18 Marzo 19:30h en sala conferencias Auditorio. Entrada libre 

PRESENTACIÓN DE LA ASOCIACIÓN CULTURAL CURTAS 

Esperámosvos na presentación da ASOCIACIÓN CULTURAL CURTAS. Queremos que asistades todas as asociacións e agrupacións culturais, os afeccionados ao cinema, á banda deseñada, ao manga, á música, á pintura, á literatura e, como non, todos aqueles que esteades interesados en contribuír á oferta cultural vilagarciá con todo tipo de propostas relacionadas coa cultura popular dunha maneira multidisciplinar, a través da realización de proxeccións regulares, presentacións, charlas, cinefórums, masterclass, cursiños e obradoiros, entre moitas outras actividades máis.

Na presentación tamén contarémosvos os primeiros detalles do CURTAS FILM FEST, evolución do Certame Audiovisual decano de Galicia creado polo Liceo Casino de Vilagarcía en 1973. Este evento terá como principal obxectivo difundir a cultura e a linguaxe audiovisual, así como fomentar a creatividade dos novos talentos emerxentes e axudar na dinamización e promoción turística de Vilagarcía de Arousa a través da cultura e o cinema.

Esperámosvos. Non faltedes. Xuntos faremos realidade unha Vilagarcía efervescente de cultura e actividades lúdicas de todo tipo.

Comeza a conta atrás. Ata o venres!

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget