Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


CAMBIO DE FECHA POR LLUVIA- COQUE MALLA 22may'16

MÚSICA Domingo 22 Mayo (antes Sábado 21) 2016 23:00h en parque A Xunqueira. Entrada libre

-CAMBIO DE FECHA POR LLUVIA- CONCIERTO COQUE MALLA 

O que fora vocalista de Los Ronaldos presentará o seu último disco "El último hombre en la tierra" o sábado 21 de maio ás 23:00 horas, na vespera de Santa Rita (cambio a Domingo 22 por choiva)

Cultura quere establecer este tipo de espectáculos de balde como unha cita fixa na programación festiva de Santa Rita

O Concello aproba trasladar o festivo local ao luns, 23 de maio

As festas de santa Rita contarán co atractivo dun concerto de balde na Xunqueira. A Concellería de Cultura vén de aprobar a actuación de Coque Malla como un dos pratos fortes das celebracións que se desenvolverán do 20 ao 23 de maio. O concerto de Coque Malla será o sábado, 21 de maio ás 23 horas en el o que fora vocalista dos míticos Los Ronaldos presentará o seu último trabalo discográfico en solitario "El último hombre en la tierra" editado hai menos de 2 meses.


A Concellería que dirixe Sonia Outón pretende que, como xa o son dende hai décadas en San Roque, a programación festiva de Santa Rita tamén conte cun concerto de sona e de balde como espectáculo fixo. A actuación do Coque Malla aprobouse na Xunta Local de Goberno celebrada hoxe e será todo un atractivo para os numerosos vilagarciáns que saen ás rúas a véspera de Santa Rita. Dada a circunstancia de que este ano o 22 de maio cae en domingo, tamén se espera que sexan moitos os veciños de municipios da zona que se acheguen á vila para gozar do ambiente festivo, tendo este ano ademais o aliciente de contar co concerto de Coque Malla nas inmediacións de Vista Alegre, epicentro destas festas.


O departamento de Cultura está ultimando o resto dos actos lúdicos, culturais, deportivos e festivos que conformará o programa das festas de Santa Rita 2016.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget