0

Jueves 28 Abril 2016 17:00h a 19:00h en DalleQDalle, Méndez Núñez 2. Inscripción previa 

ECONOMÍA E TURISMO COLABORATIVO: OPORTUNIDADES PARA EMPRENDER 

Impacto das TIC na sociedade, na economía e no turismo.
• Adaptación da sociedade e do sector do turismo ás TIC
• Economía Colaborativa e Turismo Colaborativo: Conceptos e Análise
• Casos de éxito e oportunidades para emprender no marco do turismo colaborativo.
Resumo:
Na actualidade é frecuente ler novas sobre a economía colaborativa e o turismo colaborativo. Pero, canto sabemos deses conceptos? Son unha oportunidade ou unha ameaza?
É ben sabido que a existencia desta nova economía colaborativa se debe ao impacto das TIC no modo de vida (entre outros factores). Esta sesión comeza cun repaso á evolución da sociedade e dos diferentes axentes do turismo en canto ó uso e adaptación das TIC nos últimos tempos. De seguido, profundarase nos conceptos de economía colaborativa e turismo colaborativo para analizar varios casos de éxito existentes na actualidade. A sesión remata con varias conclusións e reflexións sobre as oportunidades da economía colaborativa e do turismo colaborativo para emprender.
Ponente: Minia del Río de Latexos de Turismo
http://www.emprendevga.com/item/minia-del-rio/
http://latexosdeturismo.com/

Inscripción http://www.emprendevga.com/

Publicar un comentario

 
Top