Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

EXPO BOSQUES PARA UN SOÑO 15abr-27may'16

15 de Abril al 27 de Mayo 2016 en Sala Exposiciones Auditorio. Entrada libre 

EXPOSICIÓN BOSQUES PARA UN SOÑO, DE MILAGROS MORÁN BÓVEDA 

Amosa a partir de mañá os seus óleos inspirados en frondosos paisaxes arborados

A pintura apodérase a partir de mañá da sala de exposicións do Auditorio Municipal coa mostra de Milagros Morán Bovio. A artista malagueña que reside en Galicia dende hai anos colgará na sala municipal a colección "Bosques para un Soño" inspirada en frondosos paraxes arborados.

A exposición componse de óleos sobre lenzo traballados coa técnica da espátula dun xeito asombroso pola delicadeza e a precisión que caracteriza a Milagros Morán. Todos os seus cadros teñen como protagonista único e principal ao bosque. Son obras deshumanizadas (pola ausencia de persoas) nas que as árbores, ás veces soas, ás veces acompañadas dun simple camiño, transmiten alegría, misterio, soidade, calma ou soidade dependendo da luz e da cor que a artista elixe para cada momento.

Morán Bovio inspírase nas paisaxes da súa Antequera natal para pintar estes cadros. Toa a súa obra é de tipo figurativo, caracterizándose pola distorsión das imaxes tanto no encadre como na definición da figura, e na que a elección das cores, suaves e en plena harmonía, teñen moita intencionalidade.

A exposición inaugúrase mañá, venres 15 de abril, ás 20:00 horas e poderá vsitarse ata o 27 de maio.





Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget