Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


FESTA DOS MAIOS 1may'16

Domingo 1 Maio 2016 11:30h no Parque Miguel Hernández . Entrada libre 

FESTA DOS MAIOS

Nova edición da Festa dos maios que como é tradición se celebrarán o día 1 de maio. O certame inclúe as categorías de maio cónico, artístico, cruz de maio, caixas e barco.

ver vídeos de outros anos

A Festa dos Maios responde a unha ancestral tradición popular galega para celebrar a chegada da primavera e agradecerlle á natureza os froitos que proporciona. O Concello de Vilagarcía trata de divulgar, promover e conservar esta tradición con fidelidade ás súas orixes, de aí que para manter todos os seus elementos característicos, nas bases do certame inclúense requisitos como que os maios deben realizarse con materiais tradicionais. Do mesmo xeito, tamén se pretende conservar a tradición ligada aos maios de interpretar cantigas de tipo festivo ou satírico. Por iso os grupos que presenten letras deberán interpretalas ante o público durante a celebración da festa.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget