Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


INAUGURACIÓN PRAZA DA II REPÚBLICA 14abr'16

Jueves 14 Abril 2016 20:00h en explanada do Auditorio 

A EXPLANADA DO AUDITORIO RECIBE O NOME DE PRAZA DA II REPÚBLICA 

O Concello descubre mañá a placa coincidindo coa conmemoración do 14 de abril
Cúmprese así o acordo plenario adoptado durante o mandato do bipartito presidido por Dolores García

A explanada do Auditorio pasa a denominarse a partir de mañá Praza da II República. O Concello descubrirá mañá unha placa coa devandita nomenclatura nun acto público que terá lugar ás 20:00 horas e ao que están invitados todos os grupos da Corporación Municipal así como os veciños e colectivos que o desexen. O acto faise coincidir co 14 de abril, día no que no ano 1931 se proclamou a II República en España.

Coa instalación da placa dáse cumprimento ao acordo plenario aprobado durante o mandato do bipartito presidido pola socialista Dolores García, no que se aprobara darlle este nome á praza do Auditorio que da a Avenida da Mariña, acordo que non chegou a materializarse durante os catro anos de goberno do PP. O executivo de Alberto Varela tamén cumpre así o compromiso adquirido no último Pleno a proposta do grupo municipal de Esquerda Unida de organizar algún tipo de acto conmemorativo do 14 de abril.

A placa de bronce colocarase nun monólito de pedra colocado na zona axardinada do lateral do acceso ao Auditorio e o acto consistirá no descubrimento da mesma

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget