Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


INSCRIPCIÓN MAIOS 7-22abr'16

Inscripción 7 a 22 Abril 2016 polas mañás en Concellería de Cultura, Auditorio. Participación libre

CULTURA CONVOCA UNA NOVA EDICIÓN DA FESTA DOS MAIOS 

As inscricións poden facerse xa no Auditorio ata o día 22 de abril

Todos os grupos serán agasallados con rosca e cunha compensación económica


ver vídeos de outros anos
A Concellería de Cultura pon en marcha una nova edición da Festa dos maios que como é tradición se celebrarán o día 1 de maio. Os interesados en participar xa poden inscribirse nas dependencias do Auditorio en horario de mañá, para o cal dispoñen de prazo ata as 13 horas do día 22 de abril. Todos os grupos participantes serán agasallados con rosca e cunha compensación económica cuxa suma dependerá do número de compoñentes e de si, ademais da composición floral, aportan cantigas que deberán interpretar o día da celebración.

O certame inclúe as categorías de maio cónico, artístico, cruz de maio, caixas e barcos e poderase participar con ou sen coplillas. Os premios máis elevados correspóndense cos maios máis laboriosos e de maiores dimensións, como son os cónicos e artísticos. En ámbolos dous casos as axudas son de 80 euros para participantes que non acheguen letras. A os grupos que leven coplas daráselles 100 euros se suman un mínimo de 10 integrantes e 200 euros se son grupos de máis de 25 compoñentes.

Para as categorías de maios máis pequenos, como a cruz de maio, caixas e barcos, establécense axudas de 30 e 40 euros para os que participen sen copla e de 50 e 60 euros paras os que si acheguen letra e que deberán contar cun mínimo de 4 membros no grupo.

Conservar unha tradición popular

A Festa dos Maios responde a unha ancestral tradición popular galega para celebrar a chegada da primavera e agradecerlle á natureza os froitos que proporciona. O Concello de Vilagarcía trata de divulgar, promover e conservar esta tradición con fidelidade ás súas orixes, de aí que para manter todos os seus elementos característicos, nas bases do certame inclúense requisitos como que os maios deben realizarse con materiais tradicionais. Do mesmo xeito, tamén se pretende conservar a tradición ligada aos maios de interpretar cantigas de tipo festivo ou satírico. Por iso os grupos que presenten letras deberán interpretalas ante o público durante a celebración da festa.

As bases que rexerán a Festa dos Maios 2015 pódense consultar no Auditorio ou no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.es

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget