Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

PARQUE DE EDUCACIÓN VIARIA 1-14abr'16

Del 1 al 14 Abril 2016 

PARQUE DE EDUCACIÓN VIARIA. CIRCUÍTO CO DOBRE DE SUPERFICIE EN FEXDEGA 

A Policía Local remata o programa para alumnos de Primaria coas sesións prácticas de peóns, ciclistas e condutores de karts

Participarán alumnos de 6º de todos os centros educativos do municipio, públicos e concertados, e os alumnos de Educación Especial de Marxión

O concelleiro delegado de Tráfico Seguridade Cidadá, Juan Antonio Pérez Callón, asistirá ás 12:30 horas a unha das actividades prácticas

O parque de Educación Viaria que organiza a Policía Local dentro da campaña didácticas que desenvolve todos os anos nos centros educativos regresa a partir de hoxe a Fexdega. A principal novidade é que o circuíto para a realización de prácticas conta este ano co dobre de superficie que a pasada edición. Alumnos de 6º curso de Primaria e de Educación Especial de todos os centros educativos da cidade pasarán polo Parque dende hoxe e ata o próximo 14 de abril.

Os primeiros en estrear o ampliado circuíto do Parque de Educación Viaria serán os alumnos do CEIP Arealonga que hoxe mesmo se trasladarán a Fexdega para realizar as prácticas coas que se pecha o programa que a Policía Local ven desenvolvendo dende principios de curso con charlas didácticas nos propios colexios. Como colofón, os alumnos terán que poñer en práctica agora o aprendido en materia de seguridade viaria exercendo diferentes papeis no circuíto. Cada alumnos realizará unha práctica tripla actuando como peón, ciclista e condutor de karts, tendo que respectar as normas de circulación, sinais e poñer en práctica as medidas de seguridade precisas.

Antes de comezar as prácticas no circuíto, os alumnos asisten a unha charla recordatorio duns 20 minutos de duración na que dous axentes da Policía Local lles refrescarán as principais normas e significados das sinais circulatorias.

O Parque que se abre hoxe funcionará de luns a venres en horario de mañá xa que se trata dunha actividade educativa inserida no programa educativa dos centros. Comezará a diario ás 10 da mañá e recollerase ás 13:30 horas. A empresa de autobuses Pereira colabora desinteresadamente con este programa da Policía local ofrecendo transporte gratuíto aos colexios da periferia para asistir á actividade.

Sesións nos centros de Secundaria

O programa de Educación Viaria da Policía Local proseguirá ata o mes de maio, neste caso, coas actividades en institutos e centros de Secundaria do muniicpio, onde se realizan sesións didácticas adaptadas ás idades dos rapaces e rapazas de maior idade.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget